Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 13 de abril de 2015 Páx. 14147

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO (expediente FG número 587).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 26 de febreiro de 2015, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Aprobar definitivamente o documento denominado Plan parcial sector SUD-2 Xentiña, en Maianca-Serantes. Doc. refundido do 2.2.2015 nº 1101, cos seguintes parámetros:

Parámetros

Plan parcial

Superficie sector

52.204,84 m2

Superficie excluída sistemas xerais viarios existentes

51.669,64 m2

Densidade de referencia

208 viv, 40 viv/ha

Edificabilidade bruta

25.522,08 m2

0.493947 m2/m2

Alturas

Colectiva en B + 2

Unifamiliar en B + 1

Variante de Mera

3.784 m2

DEP 49 (deportivo Dexo)

12.546,51 m2

Coa redución da porcentaxe de reserva de vivenda protexida, aprobada no Pleno de 9.7.2014, a repartición de usos queda:

Uso

m2 aproveitamento

Vivenda colectiva de protección

3.054,99 m2

Vivenda colectiva libre

7.153,84 m2

Vivenda unifamiliar

15.313,25 m2

Totais

25.522,08 m2

Reservas de sistemas locais:

Espazos libres públicos, parques, xardíns...: 5.260,46 m2; equipamento comunitario: 2.565,75 m2 e aparcadoiros: 510 total prazas e 166 en vía pública, máis 50 prazas en aparcadoiro estacional.

– Arquivar o documento nº 16886, do 12.12.2013, ao quedar substituído polo que se aproba.

Recursos. O Plan parcial é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 12 de marzo de 2015

Ángel García Seoane
Alcalde presidente