Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2015/49-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CS Devesa do Rei-Atios Polígono A Granxa.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 146 metros de lonxitude, con orixe no empalme proxectado na LMTS ATI729 polígono A Granxa 3 e final no CS Denat (CS36CQS3) unha vez que entre e saia do CS proxectado Devesa do Rei. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en SF6, situado no Polígono Industrial A Granxa, Atios, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de marzo de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra