Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 15 de abril de 2015 Páx. 14542

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica (expediente IN407A 2015/078-1).

Número expediente: IN407A 2015/078-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: modificado I recuamento LMT acceso porto exterior da Coruña-zona I (expediente 323/2010).

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,350 km, con orixe no apoio existente nº 31 da LMT GRN-708, no tramo entre o CT O Quinto Pino (expediente 308/97) e o CT O Moucho (expediente 27.537), inicio da derivada aos CC.TT. particulares Cantera Fernández Vila e área de control Pastoriza condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no apoio existente nº 31-4 da LMT. GRN-708, no tramo da derivada aos CC.TT. particulares Cantera Fernández Vila e área de control Pastoriza.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 23 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña