Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 20 de abril de 2015 Páx. 14976

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís de ámbito provincial en virtude da Orde do 7 de abril de 2014, na cal se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa xove e a súa convocatoria.

En virtude das competencias da Consellería de Traballo e Benestar, atribuídas polo Decreto 235/2012, do 5 de decembro, no cal se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, o Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, e de acordo co disposto no artigo 14 da Orde do 7 de abril de 2014 e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación das subvencións concedidas a entidades xuvenís do ámbito provincial da Coruña, mediante resolución da xefa territorial, por delegación da conselleira de Traballo e Benestar, segundo establece a disposición adicional segunda da orde de convocatoria. A relación de subvencións concedidas encóntrase no anexo desta resolución.

A Coruña, 17 de febreiro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Beneficiarias: asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións (ámbito provincial).

Aplicación orzamentaria: 2014.11.06.313A.481.0.

Orzamento: 40.000 €.

Beneficiario/a

Localidade

Proxecto

Concedido

Grupo Scout Semente

A Coruña

Imaxina, reflexiona, actúa

4.000,00 €

Botas do Camiño

O Pino

Xornadas xuvenís de pesca deportiva

4.000,00 €

Centro Xuvenil Don Bosco

Santiago de Compostela

Crear espazos culturais, artísticos e tecnolóxicos para adolescentes

4.000,00 €

Síndrome de Down Teima Ferrol

Ferrol

Protagonistas: participando na comunidade

4.000,00 €

Abeiro

A Coruña

Proxecto Vagalume

1.350,00 €

Escola de Tempo e Aire Libre Néboa

Neda

Orientación natural

3.550,00 €

Brigantium

Betanzos

Coeducación e igualdade na mocidade

4.000,00 €

Rey Gerión

A Coruña

O foro das ideas 2014

3.710,00 €

As. Cultural O Castelo de Vimianzo

Vimianzo

Viminoites

2.400,00 €

Íntegro

Cabana de Bergantiños

Ocio inclusivo

4.000,00 €

Apader

Cedeira

O ocio, o achegamento á música e exp. de vida independente

2.900,00 €