Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 24 de abril de 2015 Páx. 15691

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de abril de 2015 polo que se declara municipio turístico galego o Concello de Parada de Sil na provincia de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 16 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta, na súa reunión do 16 de abril de 2015, que a seguir se transcribe:

Declarar municipio turístico galego, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, o seguinte:

• Concello de Parada de Sil na provincia de Ourense.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2015

P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012; DOG nº 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia