Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 27 de abril de 2015 Páx. 16045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de xestión do servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21730

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos.

Descrición: xestión do servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 396.694,22 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 18 de marzo de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 31 de marzo de 2015.

c) Contratista: Trivium Estratexias en Cultura e Turismo, S.L.

d) Importe de adxudicación: 332.231,41 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única empresa licitadora e que presentou unha oferta vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2015

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria