Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 28 de abril de 2015 Páx. 16316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de abril de 2015 pola que se notifica o Acordo do 20 de novembro de 2014 que fixa o prezo xusto do predio 1359-co, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 00916 (expediente 2013/001406).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante a presente cédula a Antonio Maceira Mirón o acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 20 de novembro de 2014, que fixa o prezo xusto do predio 1359-co, sito en Oleiros, relativo ao proxecto 00916, expediente 2013/001406, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00916 -treito 3 da Vía Ártabra (Ac-526). Veigue (VG-1.3)-Porto de Lorbé. Clave: AC/04/156.01.3.

Nº de expediente: 2013/001406.

Persoa a quen se notifica: Antonio Maceira Mirón.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Expropiado: Antonio Maceira Mirón.

Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.

Predio: 1359-co.

Concello: Oleiros.

Provincia: A Coruña.

Valoración resolución do Xurado: 754,07 €.