Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública os proxectos de autorización administrativa, promovidos por Gas Galicia SDG, S.A., para a distribución de gas natural en 9 núcleos de poboación da provincia de Pontevedra (Agolada, Arbo, Covelo, Crecente, Forcarei, Mondariz, Valga, Vila de Cruces e Vilaboa).

A empresa Gas Galicia SDG, S.A. (con CIF número A15383284 e enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela) presentou, durante os meses de xullo e agosto de 2014, as solicitudes de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado en diversos núcleos de poboación da provincia de Pontevedra, acompañadas dos correspondentes proxectos.

O 1 de setembro de 2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento das ditas autorizacións administrativas (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 24 de setembro de 2014), para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP). Durante o prazo establecido (30 días) non se presentaron solicitudes en concorrencia con ningunha das solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A., por tanto, o trámite de competencia quedou resolto a favor desta empresa.

En relación con estas solicitudes, para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, sométense a información pública os proxectos de autorización administrativa para a distribución de gas natural, correspondentes aos núcleos de poboación e coas características indicadas nos cadros seguintes:

Núcleo de poboación

Número de expediente

1

AGOLADA

IN627A 2014/67-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Agolada, no concello de Agolada (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Agolada.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36020N50200221.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 400.789 €.

2

ARBO

IN627A 2014/68-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Arbo, no concello de Arbo (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Arbo.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36001A04000644.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 380.457 €.

3

COVELO

IN627A 2014/69-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Covelo, no concello de Covelo (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Covelo, excluíndo o polígono industrial, que se desenvolverá noutro proxecto.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36013A07500194.

– A rede de distribución terá o seu inicio nesta conexión, desde a cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 332.669 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

4

CRECENTE

IN627A 2014/70-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Crecente, no concello de Crecente (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Crecente.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 30 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36014A00600425.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 390.961 €.

5

FORCAREI

IN627A 2014/72-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Forcarei, no concello de Forcarei (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Forcarei.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36018A06900247.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 413.165 €.

6

MONDARIZ

IN627A 2014/73-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Mondariz, no concello de Mondariz (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Mondariz.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36030A04900138.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 491.581 €.

Núcleo de poboación

Número de expediente

7

VALGA

IN627A 2014/75-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Valga, no concello de Valga (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Valga.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36056A01900331.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 308.073 €.

8

VILA DE CRUCES

IN627A 2014/76-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Vila de Cruces, no concello de Vila de Cruces (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Vila de Cruces.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36059A05700486.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 505.933 €.

9

VILABOA

IN627A 2014/77-0

Obxecto da solicitude:

Obtención da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación de Vilaboa, no concello de Vilaboa (Pontevedra). De conformidade co proxecto presentado para o efecto, a área xeográfica que abrangue esténdese á totalidade do núcleo urbano de Vilaboa.

Descrición das instalacións:

– A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3, que se instalará na parcela de referencia catastral 36058A04600205.

– A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, desde o cal partirá un eixe principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregando tubaxe de polietileno.

– O nivel de presión que se adopte elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo que se vai subministrar ou o número total de clientes potenciais.

– O orzamento ascende á contía de 398.189 €.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos por algún dos 9 expedientes referidos nos cadros anteriores, poidan presentar as súas alegacións no prazo de vinte (20) días a partir da data de publicación deste anuncio e examinar os correspondentes proxectos de autorización administrativa na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela) ou na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria (r/ Fernández Ladreda, 43, 5º, 36003 Pontevedra).

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas