Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 29 de abril de 2015 Páx. 16693

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

De conformidade co Acordo do Pleno (ordinario) do 9 de abril de 2015, e por medio deste anuncio, efectúase a convocatoria do procedemento aberto, oferta máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para o contrato do servizo de axuda no fogar do Concello do Carballiño, consonte os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello do Carballiño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de axuda no fogar no Concello do Carballiño.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

O prezo/hora máximo de licitación sería 13,50 €/h máis 0,54 €/h de IVE, o que supón un total de 14,04 €/h para a semana e sábados pola maña, e o prezo/hora máximo de licitación sería 14,00 €/h máis 0,56 €/h de IVE, o que supón un total de 14,56 €/h para os sábados pola tarde, domingos e festivos.

O valor estimado do contrato ascendería a 391.900 € máis 11.648 € de IVE, o que suón un total de 407.576,00 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, sen incluír o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello do Carballiño.

b) Domicilio: Praza Maior, 1

c) Localidade e código postal: O Carballiño, 32500.

d) Teléfono: 988 53 00 07.

e) Telefax: 988 53 00 08.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: rematará o décimo quinto (15º) día natural contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, no DOG ou no perfil do contratante.

9. Apertura de proposicións: no prazo máximo dun mes, desde o remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: véxanse os pregos de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Perfil do contratante onde figuran as informacións relativas á convocatoria e onde se poden obter os pregos: www.carballino.org .

O Carballiño, 10 de abril de 2015

Argimiro Marnotes Fernández
Alcalde