Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 30 de abril de 2015 Páx. 16927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2015/17-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: adecuación LMT dobre circuíto, ALB-803 e CNO-807 por retirada de CS.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV de 15 m con condutor LA 110/116,20 mm2, con orixe no apoio metálico existente código 13564189 e remate no apoio metálico proxectado con PAS.

– LMT subterránea a 20 kV de 617 m con condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AL, con orixe no apoio metálico proxectado con PAS e remate na LMT existente ALB803/CNO807.

Orzamento: 110.505,37 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 6 de abril de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense