Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 6 de maio de 2015 Páx. 17838

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 28 de abril de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de contratación do servizo de redacción das fichas do futuro Plan especial do Ensanche-Cidade Central, por procedemento aberto (expediente 8045/407).

1. Entidade adxudicadora: Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, servizos centrais. Nº de expediente: 8045/407.

2. Obxecto do contrato: servizo de redacción das fichas do futuro Plan especial do Ensanche-Cidade Central.

3. Tramitación e procedemento:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 40.000 €.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 03 46. Fax: 986 22 47 80. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económico-financeira e técnica conforme os pregos.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos quince días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. Documentación: a exixida no número 7 das follas específicas da contratación (FEC) do prego de condicións administrativas. Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo (praza do Rei, s/n, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou nas formas previstas na cláusula 12ª) ou no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, na mesma praza do Rei s/n, se é sábado.

9. Apertura das ofertas técnica e económica (entidade, domicilio e localidade): véxase o punto 6 do anuncio (a data e a hora anunciarase no perfil do contratante).

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 28 de abril de 2015

María Carneiro López
Xerente municipal de Urbanismo