Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 7 de maio de 2015 Páx. 18174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de abril de 2015 pola que se notifica resolución que decreta incautación e alleamento da embarcación Juan Baltasar Segundo, depositada sen autorización no porto de Camariñas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Camariñas á mercantil Sea Octopus, S.L. Resolución da Presidencia de Portos de Galicia do 14 de abril do 2015 que decreta a incautación e o alleamento da embarcación Juan Baltasar Segundo con folio 4ª-VILL-3-125-91, depositada na zona de servizo do porto de Camariñas, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no derradeiro enderezo coñecido sito na avda. da Coruña, nº 28, de Camariñas (A Coruña).

A dita resolución foi emitida unha vez que se incumpre a orde de retirada da embarcación publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 30 de marzo de 2015, e exposta no taboleiro de edictos do Concello de Camariñas, por atoparse a embarcación depositada en estado de abandono sen autorización e sen aboar taxas desde o ano 2013.

A presente resolución é emitida pola Presidencia de Portos de Galicia en aplicación do establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola Orde Ministerial do 12 de xuño de 1976, e de acordo coas competencias previstas no artigo 17.4 da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública portos de Galicia, delegadas polo Consello de Administración.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

A presente resolución, que ten eficacia executiva, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia