Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da subministración de centros de mecanizado CNC para os talleres da familia profesional de Fabricación Mecánica con destino aos centros educativos desta consellería, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente ED-11/15SU).

cons_cul_edu-cor.eps missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-11/15SU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de centros de mecanizado CNC para os talleres da familia profesional de Fabricación Mecánica.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo no concello da Estrada (Pontevedra), ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que se vaian entregar.

d) Prazo de entrega: corenta e cinco (45) días desde a formalización do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario se é inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 170.247,92 euros (IVE excluído). IVE: 35.572,06 euros.

Importe total: 205.999,98 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53 / 981 54 44 95.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22549

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil, ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria