Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 11 de maio de 2015 Páx. 18605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto de explotación co plan de restauración de recurso da sección B), no termo municipal de Vimianzo, provincia da Coruña.

Esta sección B) atópase en terreos propiedade de Caolines de Vimianzo, S.A.U. (Cavisa), con CIF A15040009, e domicilio social no lugar de Cerbán-Castrelo, nº 19, do concello de Vimianzo, ocupando os residuos dos cales se proxecta o aproveitamento unha extensión de 16,50 ha, da parcela 462, do polígono 45, cunha extensión total de 73,5 ha, no lugar denominado Pedra Sarada, lugar de Cerbán-Castrelo do concello de Vimianzo.

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta sección B) poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que se comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 26 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña