Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de maio de 2015 polo que se lle dá publicidade ao procedemento para aplicar o disposto na disposición transitoria décimo segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, en relación coa recuperación dos importes deixados de percibir como consecuencia da supresión da paga extraordinaria, así como da paga adicional do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes, correspondentes ao mes de decembro de 2012.

A disposición transitoria segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, dispón que as contías previstas na disposición adicional décimo sétima da Lei 11/2014, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, en concepto de recuperación da paga extraordinaria e adicional de decembro de 2012 do persoal ao servizo do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, se ampliarán ata o vinte e catro con cero catro por cento dos importes efectivamente deixados de percibir e que as ditas cantidades serán equivalentes á parte proporcional correspondente aos primeiros corenta e catro días das mencionadas pagas do mes de decembro de 2012.

Os importes correspondentes aos empregados públicos que sigan en activo serán aboados de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións no mes de maio de 2015 e os correspondentes aos empregados públicos que non se encontren en activo o primeiro día do mes de maio de 2015 serán aboadas polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude presentada ante ese órgano polos interesados no modelo que se xunta como anexo a este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

SOLICITUDE DE PAGAMENTO DAS CANTIDADES EN CONCEPTO DE RECUPERACIÓN DA PAGA EXTRAORDINARIA DO MES DE DECEMBRO DE 2012 (D.T. 12ª LEI 2/2015, DO EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA) PARA O PERSOAL QUE NON ESTEA EN SITUACIÓN
DE SERVIZO ACTIVO EN MAIO DE 2015

D./Dª. _________________________________________________________________________,

con DNI _________________________ e domicilio para efectos de notificacións en _________________________________________________________________________________________,

teléfono:______________________/correo electrónico: ________________________.

Datos administrativos durante o período de devindicación da paga extraordinaria e da paga adicional de decembro de 2012:

Consellería/organismo:

____________________________________________________________________

Centro directivo: _______________________________________________________

Tipo de persoal:

Funcionario

Estatutario

Laboral

Alto cargo

Outro: _______________________________.

Solicita:

O aboamento das cantidades a que se refire a disposición transitoria décimo segunda da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e para tal fin achéganse os datos bancarios:

IBAN Banco/Caixa Sucursal D.C. Nº conta

E

S

_____________________, ___ de ______ de 2015