Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 13 de maio de 2015 Páx. 18863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 01-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21529

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo consistente na realización de traballos para a elaboración da edición electrónica do Diario Oficial de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79970000-4: Servizos de edición.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE); Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE núm. S219, do 13.11.2014, BOE núm. 281, do 20.11.2014 e DOG núm. 232, do 3.12.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.310.909,10 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 595.867,77 €. Importe total: 721.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10 de febreiro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 28 de febreiro de 2015.

c) Contratista: Producciones MIC, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 509.000,00 €. Importe total: 615.890,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza