Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melón

ANUNCIO de aprobación inicial do documento modificado do Plan especial de protección do ben de interese cultural (conxunto da igrexa e mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da Ponte Nova.

Unha vez aprobado inicialmente o documento modificado para a aprobación inicial do Plan especial de protección, de dotacións e infraestruturas do BIC con categoría de monumento do Mosteiro de Santa María (conxunto da igrexa e mosteiro), do seu contorno e do núcleo singular da Ponte Nova. Concello de Melón, que afecta o contorno do BIC (ben de interese cultural con categoría de monumento) e o seu ámbito de protección, por acordo plenario de data 16 de abril de 2015, conforme o artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia («a) O órgano municipal competente procederá á súa aprobación inicial e someterao a información pública como mínimo durante un mes e como máximo durante dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Simultaneamente notificaráselles individualmente a todas as persoas propietarias dos terreos afectados. Para estes efectos, unicamente será obrigatoria a notificación ás persoas titulares que figuren no catastro, e deberá figurar a relación na documentación do plan»), sométese a información pública por un prazo de 2 meses, en virtude do artigo 86.1.g), contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante este prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Como consecuencia do anuncio de aprobación inicial do Plan especial de protección, no acordo do Pleno do Concello de Melón do 29 de febreiro de 2012, quedaron suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente nese momento, a duración da suspensión foi de 1 ano sen se prolongar ata a duración máxima de 2 anos segundo o previsto no artigo 77.3 da LOUG. Extinguidos os efectos desta, non poderán acordarse novas suspensións no prazo de 4 anos por idéntica finalidade, segundo o artigo 77.4 da LOUG.

No presente caso, o ámbito e as finalidades son idénticas aínda cando se varíe a denominación do plan especial, que pasa de Plan especial de protección a converterse en Plan especial de protección, de dotacións e infraestruturas, polo que non procede acordar a suspensión do procedemento de licenzas de parcelación de terreos, edificación, demolición, para áreas ou usos determinados no ámbito do presente plan especial.

Melón, 12 de maio de 2015

Cristina Francisco Vílchez
Alcaldesa