Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20582

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Mediante Resolución do 19 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 93, do 20 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

No anexo I da Resolución do 19 de maio, en que figuran os postos que se ofertan, advertiuse a omisión involuntaria dun posto incluido na relación aprobada pola Comisión de Persoal que tivo lugar o día 13 de maio de 2015, polo que procede a súa inclusión, co número 1310.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública modificada pola Orde do 26 de agosto de 2013, esta dirección xeral

RESOLVE:

Incluir no anexo I da Resolución do 19 de maio de 2015 o posto:

Posto

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/esc.

Adm. Púb.

Denomin. posto

Cons.

Centro
directivo

Centro destino

Conc.

Titulacións
requiridas

Formación
específ.

Observ.

Puntuación
mínima

1310

SA.C02.00.005.15770.010

14

C1

XERAL

AXG

POSTO BASE SUBGRUPO C1 (TARXETA SANITARIA)

SA

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA

D.X. DE PLANIFICACIÓN SANITARIA E ASEGURAMENTO

15770

4.600

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública