Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20862

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Nauta Sanxenxo, S.L.

ANUNCIO para a contratación da subministración de carburantes na estación de servizo do porto deportivo de Sanxenxo.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación da subministración de carburantes na estación de servizo do porto deportivo de Sanxenxo.

Obxecto: subministración de carburantes na estación do porto deportivo de Sanxenxo conforme o prego de cláusulas administrativas particulares e o de prescricións técnicas.

1. Prezo e duración do contrato: o orzamento mínimo de licitación, sen incluír o imposto sobre o valor engadido, é de 130.000 €, o IVE ascende a 27.300 €, e o orzamento mínimo de licitación con IVE, é de 157.300,00 €. Nauta Sanxenxo, S.L. percibirá, como remuneración polos servizos prestados, un canon por importe do 3 % sobre o prezo antes de impostos (PAI) de referencia en euros por litro de combustible facturado. Este prezo variable a satisfacer cada ano, segundo a cláusula 21ª.

O prazo de duración do contrato será de cinco anos como máximo.

2. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto.

3. Lugar e prazo de presentación das ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo (en diante Concello), das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas, en sobres pechados que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos exixidos na cláusula seguinte, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello de Sanxenxo, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo rematase en festivo ou sábado, se ampliará ao día seguinte hábil que non fose sábado.

4. Criterios de adxudicación: serán os determinados na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas que rexen esta contratación.

5. Mesa de contratación: constituirase conforme o disposto na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas.

6. Garantías: definitiva do 5 % do importe total da adxudicación excluído o IVE.

7. Entidade e información: Nauta Sanxenxo. Teléfono: 986 72 05 17.

8. Documentación: recollerase en Nauta Sanxenxo e a través da web:

www.sanxenxo.es

Sanxenxo, 22 de maio de 2015

Catalina González Bea
Presidenta do Consello de Administración