Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20882

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de maio de 2015 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións de contido cultural galego e se convocan para o ano 2015.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 93, do, 20 de maio de 2015, cómpre corrixir o seguinte:

1. Base cuarta, parágrafo segundo, na páxina 19739:

Onde di:

«2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2015 correspondente á convocatoria e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade».

Debe dicir:

«2. Estas subvencións terán carácter trianual ou bianual e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade».