Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21577

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2015 pola que se modifica a oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador para o ano 2015.

Por Resolución do 18 de marzo de 2015 (DOG do 31 de marzo), publicouse a oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña para o ano 2015.

Por requirimento da Dirección Xeral de Gastos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Facenda, do 31 de marzo de 2015, de acordo co que establece o parágrafo segundo do artigo 21.Un.2.J) da Lei 36/2014, do 26 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2015, o Consello de Gobeno desta universidade, na súa sesión do 30 de abril de 2015, acordou aprobar a modificación da oferta pública de emprego de PDI para 2015 e reservar unha das prazas ofertadas, anteriormente prevista para provisión dunha cátedra, para a provisión dunha praza de profesor contratado doutor para persoal investigador doutor que finalizase o programa Ramón y Cajal e conte con acreditación I3. A oferta pública para 2015 queda nos seguintes termos:

Oferta de emprego público do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña para o ano 2015.

Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios:

Taxa de reposición

Categoría

Prazas

2013

Profesor/a titular de universidade

2

2015

Catedrático/a de universidade

1

Total prazas 3

Persoal docente e investigador contratado:

Taxa de reposición

Categoría

Prazas

2015

Profesor/a contratado/a doutor/a

7

Total prazas 7

Unha das prazas de profesor/a contratado/a doutor/a ofertada resérvase para a contratación como persoal laboral fixo de persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón y Cajal e obtivese o certificado I3.

A Coruña, 26 de maio de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña