Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2015/106-1).

Expediente: IN407A 2015/106-1.

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Denominación: LMTS e CT avda. Lalín, 28.

Concello: Melide.

Características técnicas:

Línea de media tensión soterrada, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe e final en celas de liña do CT praza Clara Campoamor, unha vez entra e saia do CT proxectado, cunha lonxitude total de 243 m.

Centro de transformación convencional 2L+1P de 630 kVA e relación de transformación 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 27 de abril de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña