Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 12 de xuño de 2015 Páx. 23343

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de información pública sobre a instalación e apertura dun bazar.

Fenghe Zhou e/r Merk Asia O Grove, S.L., solicitou licenza municipal de actividade para instalación e apertura dun bazar (expediente 167/14), que se situará na rúa Castelao, nº 148, baixo. En cumprimento co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública, por un prazo de vinte días, para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente no departamento de Urbanismo, situado na rúa Cándido Acuña Blanco, nº 3, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

O Grove, 19 de maio de 2015

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde