Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 15 de xuño de 2015 Páx. 23519

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde de 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro) reguláronse as bases e iniciouse o procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011.

Por Resolución do 14 de abril de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 75, do 22 de abril) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica e farmacéutico/a de atención primaria.

Finalizado o prazo de reclamación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica e farmacéutico/a de atención primaria.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) .

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade co anexo I, base novena, da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos