Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 22 de xuño de 2015 Páx. 24797

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 5 de xuño de 2015 pola que se modifica a autorización do centro privado Aula Estudio, do concello de Vigo.

O representante da titularidade do centro privado Aula Estudio, do concello de Vigo (Pontevedra), solicita a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Instalacións de Telecomunicacións e dun CM Sistemas Microinformáticos e Redes; e a autorización do CM Xestión Administrativa e do ciclo formativo de grao superior (CS) Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro

1. Suprimir o CM de Instalacións de Telecomunicacións e un CM de Sistemas Microinformáticos e Redes, no centro privado Aula Estudio.

2. Autorizar o CM de Xestión Administrativa e o CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, no centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Aula Estudio.

Código: 36024392.

Enderezo: r/ Santa Marta Interior, s/n.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Aula Estudio Formación Práctica, S.L.

Composición resultante:

• 1 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

Segundo

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria