Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 23 de xuño de 2015 Páx. 25056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de xacemento de orixe non natural.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña fai saber que a empresa Caolines de Vimianzo, S.A.U. (Cavisa), presentou nesta xefatura territorial, o 16 de xuño de 2014, instancia-solicitude de declaración de xacemento de orixe non natural para o recurso da sección B) no termo municipal de Vimianzo, provincia da Coruña.

Esta sección B) atópase en terreos propiedade de Caolines de Vimianzo, S.A.U., situados no lugar de Castrelo e Pedra Abilleira, lugar de Cerbán-Castrelo, termo municipal de Vimianzo, provincia da Coruña. O predio ten unha superficie de 17,13 hectáreas. Os datos do predio segundo o Sixpac son: polígono 46, parcela 167, do concello de Vimianzo. Os residuos mineiros ocupan unha superficie aproximada de 6,01 hectáreas.

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta sección B) poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña. Edificio Administrativo Monelos, 2º andar; rúa Vicente Ferrer nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para isto, terán un prazo de trinta días, que comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 18 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña