Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 27205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de aprobación inicial dos proxectos de delimitación dos núcleos rurais de Bustelo, O Logoso, Alvarellos e A Grixa.

O Pleno do Concello, en sesión do 18 de xuño de 2015, aprobou inicialmente os proxectos de delimitación dos núcleos rurais de:

– Bustelo, na parroquia de Salgueiros.

– O Logoso, na parroquia de Olveira.

– Alvarellos, na parroquia de Berdeogas.

– A Grixa, na parroquia de Berdeogas.

Unha vez redactados pola empresa Oficina Galega de Proxectos Arquitectónicos, S.L.P., os catro expedientes sométense á información pública polo prazo dun mes para efectos de reclamacións.

Dumbría, 22 de xuño de 2015

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde