Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27277

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xuño do 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

De conformidade co establecido no Decreto 157/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 243, do 19 de decembro) e o Decreto 59/2015, do 16 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 76, do 23 de abril), este centro directivo, logo de elaboración pola Comisión Técnica de Procesos Selectivos e posterior negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación e no uso das competencias que lle atribúe o artigo 8 dos mencionados decretos e o artigo 4.1.b) da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde resolve convocar concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia, de acordo coas seguintes

Bases:

I. Normas xerais.

1.1. Prazas.

1.1.1. Convócase concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia do Servizo Galego de Saúde.

1.1.2. O número de prazas que se convoca neste proceso selectivo é o que se especifica para cada unha das categorías no anexo I, con expresión diferenciada das prazas polo seu sistema de acceso.

1.2. Sistemas de acceso.

As persoas interesadas poderán participar neste proceso selectivo por algún dos seguintes sistemas de aceso: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.

Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas. Logo de finalizado o prazo de inscrición, non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso.

1.3. Persoas con discapacidade.

1.3.1. De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 157/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2014 e o artigo 6.2 do Decreto 59/2015, do 16 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2015, do total das vacantes incluídas na oferta reservarase unha cota do 5 % para ser cuberta por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

1.3.2. O número de prazas reservadas nesta convocatoria para o acceso por persoas con discapacidade concrétase no anexo I.

1.3.3. No suposto de que algún/algunha aspirante con discapacidade que se presentase pola cota de reserva superase o proceso selectivo e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outros/as aspirantes da quenda de acceso libre, será incluído/a pola súa orde de puntuación na quenda de acceso libre.

1.3.4. Os/as aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participar na quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar adaptación de tempo e medios para a realización dos exercicios. Os/as interesados/as, agás causas sobrevidas, deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación na cal deberán reflectir con claridade as necesidades específicas que ten o/a candidato/a para acceder ao proceso de selección en condicións de igualdade, e deberán achegar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna a/s deficiencia/s permanente/s que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido.

As solicitudes de adaptación serán resoltas polo órgano de selección. Para tal efecto, o tribunal poderá requirir informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos demais órganos competentes. A adaptación non se outorgará de forma automática senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vai realizar.

1.3.5. Co fin de garantir a protección da saúde dos/das aspirantes que superen definitivamente o proceso selectivo pola quenda de reserva de persoas con discapacidade efectuarase unha avaliación inicial da súa saúde que permita adoptar as medidas preventivas e de protección necesarias para evitar que poidan verse afectados/as de xeito singular por algún risco laboral identificado no seu posto de traballo. Esta avaliación será realizada pola Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais de referencia para o centro de xestión a que pertenza a praza adxudicada.

1.4. Promoción interna.

1.4.1. De conformidade co establecido no artigo 25.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o artigo 5.1 do Decreto 157/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2014 e o artigo 5.1 do Decreto 59/2015, do 16 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2015, resérvase o 50 % do total das prazas que se convocan en cada categoría para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

1.4.2. Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

1.4.3. As prazas da quenda de promoción interna que non sexan cubertas acumularanse ás da quenda de acceso libre.

II. Requisitos.

As persoas interesadas en participar neste proceso deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter ata a toma de posesión como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

2.1.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado no cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadoras/es.

c) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos/das españois/españolas e dos/das nacionais dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e o dos/das nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os/as seus/súas descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes.

2.1.2. Idade: ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa legalmente vixente.

2.1.3. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

2.1.4. Habilitación: non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

2.1.5. Titulación: estar en posesión da titulación que se especifica no anexo I desta resolución ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais ao abeiro do disposto no Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico español a Directiva comunitaria 2005/36/CE e Real decreto 459/2010, do 16 de abril.

2.1.6. Aboar as taxas por dereito de exame, de ser o caso.

2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal estatutario fixo da mesma categoría.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Persoas con discapacidade.

Ademais dos requisitos anteriores, os/as aspirantes que se presenten pola quenda de persoas con discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

2.2.2. Promoción interna.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais dos requisitos indicados no número 2.1, os seguintes requisitos:

1º. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior á aquela a que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario, seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira ou laboral fixo.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

2.3. Taxas.

2.3.1. Formalización do pagamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, como requisito necesario para participar no proceso selectivo deberase aboar previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe da taxa que se indica a continuación e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Categoría

Taxa

Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

35,08 €

Fisioterapeuta

35,08 €

Logopeda

35,08 €

Terapeuta ocupacional

35,08 €

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

30,56 €

Técnico/a superior en hixiene bucodental

30,56 €

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

30,56 €

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

30,56 €

Técnico/a superior en radioterapia

30,56 €

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

24,90 €

Técnico/a en farmacia

24,90 €

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VIII. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e estarán dispoñibles, así mesmo, na páxina web do Servizo Galego de Saúde. A non presentación deste impreso de autoliquidación –no cal deberá figurar a data e o selo da entidade bancaria– xunto co formulario de inscrición no proceso, determinará a exclusión da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa pola internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do Cixtec (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboada a taxa (modelo 730), que será o que se presente xunto coa solicitude. Así mesmo, o/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa desde Fides, para o cal se habilitará un enlace directo ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda.

En ambos os dous supostos, a presentación do xustificante de aboamento non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

2.3.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

– Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

– Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso a seguinte documentación:

– Copia compulsada da cualificación de discapacidade,

– Copia compulsada do título oficial de familia numerosa, de carácter ordinario ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

2.3.3. Devolución de taxas.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/ás aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

2.4. Rexistro electrónico dos requisitos de participación.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán declarar no formulario electrónico de inscrición que reúnen todos os requisitos de participación exixidos nesta convocatoria segundo a quenda de acceso pola que opten. Ao formulario electrónico de inscrición accederase a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) na epígrafe Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE.

2.5. Prazo e procedemento de acreditación dos requisitos de participación.

2.5.1. As persoas aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude de participación, e dentro do prazo de presentación de instancias, a seguinte documentación:

1) Fotocopia do NIF/NIE/pasaporte/outros.

Os/as aspirantes estranxeiros/as que residan en España deberán, ademais, presentar unha fotocopia compulsada da tarxeta de residente comunitario/a en vigor ou, de ser o caso, da tarxeta temporal de residente comunitario/a ou de traballador/a comunitario/a fronteirizo/a en vigor.

Os/as aspirantes que sexan nacionais da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, que non residan en España, ben por residir no estranxeiro ou por atoparse en España en réxime de estadía, deberán presentar unha fotocopia compulsada do documento de identidade ou pasaporte.

Os/as familiares dos/das anteriores deberán presentar unha fotocopia compulsada do visado e, se é o caso, do xustificante de solicitar a correspondente tarxeta ou xustificante de solicitar a exención do visado e da correspondente tarxeta. De non solicitar estes documentos, deberán presentar os documentos expedidos polas autoridades competentes que acrediten o vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa do español/a, do/da nacional dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea e do/da nacional dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, co que existe este vínculo, de que non está separado/a de dereito do seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

2) Xustificante de ter aboado os dereitos de exame. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento das taxas deberán presentar copia compulsada da documentación que acredite este dereito nos termos exixidos na base 2.3.2.

3) Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso na categoría ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos nos anexos I e V desta resolución.

Deberá presentarse tradución xurada ou equivalente segundo o disposto no anexo V daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá achegarse ademais o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou recoñecemento.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando a mesma conste como validada (V) en Fides/expedient-e.

2.5.2. As persoas que accedan pola quenda de discapacidade deberán presentar, ademais da documentación anterior, copia compulsada do documento que lle acredite ter recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento.

2.5.3. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte.

2.5.4. A falta de acreditación pola persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso de selección.

2.5.5. En todo caso, a autoridade convocante reservará para si o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/das aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

III. Méritos.

3.1. Méritos que se valorarán.

Os méritos que se terán en conta na fase de concurso deste proceso serán os recollidos para categoría no anexo IV e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático
Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada na forma e prazos que se indican nesta convocatoria.

3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, os/as aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) segundo se indica no anexo VI destas bases e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso de selección que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante rexistrará no sistema os méritos que posúe para os efectos da súa valoración na fase de concurso deste proceso, ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, inclusive. Logo de rexistrados electronicamente, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de Informe.

A solicitude de validación para este proceso dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no formulario electrónico de inscrición e poderá presentarse ata o último día do prazo de presentación de instancias en rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos que se indican na base 5.2.

3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo V. Só se admitirá como medio de acreditación o que se indica para cada un dos méritos no indicado anexo.

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde que figura cada un dos méritos na solicitude de validación.

3.2.3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva non se admitirá, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e par os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha documentación acreditativa de novos méritos aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo V e constando documentalmente ter sido solicitada polo interesado ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, esta non fose recepcionada polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.

3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a presentación da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que estea pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo V.

3.2.6. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuran como pendentes de validar sen que presentasen ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo V dentro do prazo de presentación de instancias para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Fundación Escola Galega de Administración Sanitaria.

3.2.8. Os méritos que na data de publicación desta convocatoria figuren como validados en Fides/expedient-e permanecerán no dito estado, agás nos supostos en que se aprecie un erro de validación que obrigue á súa modificación.

Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático na data de finalización do prazo de presentación de instancias non serán obxecto de valoración.

3.2.9. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

3.2.10. Para os efectos deste proceso e sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, poderán deixarse sen validar e catalogar no expediente electrónico persoal do/da aspirante aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación que se asignará na fase de concurso por ter acadado o/a aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima na respectiva epígrafe do baremo.

IV. Acreditacion do coñecemento da lingua galega.

Para os efectos de resultar exento/a da realización do exercicio de lingua galega, aqueles/as aspirantes de calquera quenda de acceso, que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistrar este na epígrafe Idiomas do expedient-e e presentar copia compulsada do mesmo dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

As persoas aspirantes que non presenten a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega nos termos establecidos nesta base, deberán realizar o exercicio de lingua galega.

V. Solicitude.

5.1. Formulario de inscrición.

5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo VI, e que logo de formalizada electronicamente deberán imprimir, asinar e presentar nos lugares e prazo indicados nos números 5.2 e 5.3, respectivamente.

5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

As modificacións que, con carácter excepcional lle resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa realizaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixa a instancia de participación e no que se indicará con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 desta convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

5.1.3. Os/as aspirantes con discapacidade que o precisen, opten ou non opten por participar na quenda reservada de persoas con discapacidade, deberán sinalar na solicitude as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, de conformidade co establecido na base 1.3.

5.1.4. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5.1.5. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva do/da aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio del. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

5.1.6. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá presentar a documentación exixida na base 2.5, a xustificación documental de todos os méritos previamente rexistrados no expediente electrónico que non teña acreditado nos termos da base 3.2 e, se é o caso, a documentación acreditativa do coñecemento da lingua galega.

5.2. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes,que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

5.3. Prazo de presentación.

As persoas interesadas poderán presentar a solicitude de participación no proceso desde o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o día 20 de agosto de 2015, ambos incluídos.

VI. admisión de aspirantes.

6.1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión, así como os/as aspirantes exentos e non exentos/as da realización do exercicio acreditativo do coñecemento de lingua galega.

6.2. Os/as aspirantes excluídos/as e os/as declarados/as non exentos/as da realización do exercicio de galego disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión ou a non exención do exercicio de lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

6.3. Non se poderá emendar a presentación da solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, así como a listaxe definitiva de exentos e non exentos do exercicio acreditativo do coñecemento da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra tal resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se lles recoñeza aos/ás interesados/as a posesión de todos os requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que se debe presentar, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación no procedemento.

VII. Tribunais.

7.1. De conformidade co Decreto 157/2014 e co Decreto 59/2015, a composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde.

7.2. Os tribunais cualificadores será nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao da data de realización das probas, e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias do órgano convocante, correspóndenlle aos tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación dos/das aspirantes, a emisión de cantos informes sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e para a resolución de incidencias.

7.3. O tribunal será único para a categoría. No entanto, o órgano convocante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear unha comisión ou grupo de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte ás competencias e á autonomía do tribunal de selección.

7.4. Os tribunais terán a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

7.5. Os tribunais estarán compostos por un número de membros non inferior a cinco, e deberá designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual e non se poderá desempeñar esta en representación ou por conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderá formar parte do órgano de selección.

Os membros dos tribunais terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema nacional de saúde, en praza ou categoría para a cal se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

Os tribunais poderán propor ao órgano convocante a incorporación aos seus traballos dos/das asesores/as especialistas ou de apoio que coide oportunos. Os/as ditos/as asesores/as limitaranse a prestar a súa colaboración nas especialidades técnicas, con voz e sen voto.

7.6. Os/as membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010 ou realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a deberá solicitar dos/das membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén realizada polos/as asesores/as especialistas previstos e polo persoal auxiliar que o tribunal incorpore aos seus traballos.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal e demais persoal colaborador cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

7.7. A autoridade convocante publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, resolución pola que se nomeen os/as novos/as membros do tribunal que teñan que substituír os/as que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

7.8. Logo da convocatoria do/da presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes, coa presenza en todo caso do/da presidente/a e do/da secretario/a. Na dita sesión, o tribunal adoptará as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da maioría dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/da presidente/a e do/da secretario/a.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións realizadas polo tribunal redactaranse as correspondentes actas, que serán asinadas polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

7.9. Os acordos do tribunal que supoñan para o/a interesado/a a imposibilidade de continuar o procedemento poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992.

7.10. O tribunal que actúe no proceso selectivo terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

VIII. Procedemento de selección.

Procedemento de selección.

De acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, o sistema de selección será o de concurso-oposición.

8.1. Fase de oposición.

8.1.1. A fase de oposición consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo III desta resolución e coa forma e sistema de cualificación descritos.

8.1.2. Unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelle ao tribunal establecer os criterios de corrección das probas.

Estes criterios de corrección realizaranse tendo en conta que, nos exercicios da fase de oposición que sexan eliminatorios será necesario que os/as aspirantes acaden unha puntuación do cincuenta por cento da puntuación máxima asignada a cada un dos exercicios de tal carácter. O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos os dous inclusive) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das da quenda de promoción interna que estarán exentos/as da súa realización.

O exercicio que acredita o coñecemento da lingua galega, terá carácter obrigatorio non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción dos/das que teñan acreditado posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

As respostas incorrectas, nos exercicios de tipo test, penalizaranse coa puntuación negativa que resulte de aplicar un vinte e cinco por cento da puntuación asignada á resposta correcta.

Os/as aspirantes que non superen ou non obteñan o cincuenta por cento da puntuación fixada como máxima no anexo III, no exercicio de carácter eliminatorio, resultarán eliminados.

8.1.3. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios tipo test da fase de oposición sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/das aspirantes. Cando finalicen os exercicios tipo test entregaráselle a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame. O modelo coas respostas correctas publicarase con posterioridade na páxina web www.sergas.es .

Facilitarase aos aspirantes, o acceso ao cuestionario de preguntas logo da finalización dos exercicios.

8.1.4. Os exercicios da fase de oposición realizaranse no lugar e á hora que se fixe nunha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia cun prazo mínimo de antelación de cinco días hábiles, ademais de poder ser anticipada para efectos informativos na páxina web
www.sergas.es .

De conformidade co establecido no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, poderanse realizar exercicios conxuntos para varias categorías, así como varios exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto e de tempo, mesmo cambiando a orde de realización destes. Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios, non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, e queda prohibido o acceso ao recinto de realización das probas con tales dispositivos; constituirá causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza deles.

8.1.5. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as coa finalidade de acreditar a súa identidade.

8.1.6. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento e serán excluídos/as do concurso-oposición os que non comparezan. En todo caso, para garantir a unidade de acto, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non comparecencia.

No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o Servizo Galego de Saúde permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados deste proceso selectivo. Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados nos chamamentos para a realización dos exames, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificasen e solicitasen no fax da Dirección Xeral de Recursos Humanos 881 54 28 18 ou a través do seguinte enderezo de correo electrónico: recursos.humanos@sergas.es ata 48 horas de antelación á data de celebración dos exercicios.

8.1.7. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún/ha dos/das aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do/da interesado/a, deberá propoñer a súa exclusión á autoridade convocante. Do mesmo xeito, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades en que puidesen incorrer os/as aspirantes, para os efectos procedentes.

8.1.8. Establécese un prazo único de cinco días hábiles seguintes á publicación dos modelos provisionais de respostas para que os/as interesados/as poidan presentar reclamación contra os exercicios.

Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Neste caso serán tidas en conta as preguntas de reserva, que terán unha puntuación igual que o resto das preguntas do correspondente exercicio.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se publiquen as puntuacións provisionais e as respostas definitivas dos distintos exercicios, que se efectuará na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

8.1.9. Tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

8.1.10. Poderán superar a fase de oposición un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas na correspondente categoría.

8.1.11. Finalizada na súa totalidade a fase de oposición, publicarase no Diario Oficial de Galicia o acordo de finalización desta fase do proceso.

8.2. Fase de concurso.

8.2.1. De acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, modificado polo Decreto 236/2008, do 16 de outubro, a valoración da fase de concurso non poderá exceder o corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo.

8.2.2. O tribunal poderá requirir, de oficio, dos/das aspirantes ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegurar a máxima obxectividade na adxudicación da puntuación nesta fase de concurso.

8.2.3. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nas distintas partes, así como a valoración total da fase de concurso.

Contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.4. Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, elevando esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.2.5. O sistema de desempate efectuarase a favor dos/das aspirantes que tivesen a maior puntuación na fase de oposición no seu conxunto e de persistir o empate, pola maior puntuación nos exercicios da parte específica e común do programa, por esta orde.

De persistir aínda o empate, dirimirase a favor do/da aspirante con maior puntuación na fase de concurso e, de ser necesario, sucesivamente por cada parte da fase de concurso e pola súa orde. Para rematar, decidirá a maior idade do/da aspirante.

8.2.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá ser aplicada para superar a fase de oposición.

IX. Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

9.1. Os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución prevista no número 8.2.4 para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

9.2. Os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.3. Comprobada a documentación de todos/as os aspirantes aprobados, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as.

En ningún caso se poderá declarar que superaron o concurso-oposición un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

9.4. Nesta mesma resolución aprobarase a relación, por institución sanitaria, de prazas que se oferten aos/ás aspirantes seleccionados/as e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

9.5. De acordo co establecido no artigo 17 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, as prazas vacantes que se oferten corresponderán sempre a prazas básicas da correspondente categoría.

9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes, pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna.

9.7. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 54 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, os/as aspirantes que superasen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade, poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo previsto na base 9.1 a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a dita alteración cando estea debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

9.8. A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

9.9. O/a aspirante seleccionado/a que non opte por un destino no prazo e de acordo co procedemento establecido, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. En todo caso, non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emendar a non elección de destino.

Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo de acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

X. Nomeamento e toma de posesión.

10.1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que ao tempo de expedir o correspondente nomeamento estean en situación de incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez.

10.2. Os/as nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase o día seguinte ao da publicación a que se refire o punto anterior. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/da interesado/a, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

10.3. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

XI. Norma derradeira.

11.1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulgar o concurso-oposición e os/as que participen nel.

11.2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais, pola autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión, poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

11.3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

Anexo I
Prazas e titulacións

Categoría

Grupo

Acceso libre

Promoción interna

Reserva discapacidade

Total

Titulación

Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

A2

5

7

1

13

Título universitario oficial de grao en enfermaría, diplomatura universitaria en enfermaría e o título de enfermeiro/a especialista en enfermaría Obstétrica-Xinecolóxica ou equivalente

Fisioterapeuta

A2

4

6

1

11

Título universitario oficial de grao en Fisioterapia, diplomatura universitaria en Fisioterapia ou título de Enfermaría coa especialidade de Fisioterapia

Logopeda

A2

1

1

2

Título universitario oficial de grao en Logopedia, diplomatura universitaria en Logopedia ou licenciado ou diplomado universitario co programa de posgrao de especialista en Psicopatoloxía da Linguaxe e a súa Rehabilitación

Terapeuta ocupacional

A2

1

1

2

Título universitario oficial de grao en Terapia Ocupacional ou diplomatura universitaria en Terapia Ocupacional

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

C1

1

1

2

Título de técnico/a superior na correspondente rama sanitaria ou titulación equivalente

Técnico/a superior en hixiene bucodental

C1

1

1

2

Título de técnico/a superior na correspondente rama sanitaria ou titulación equivalente

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

C1

3

3

6

Título de técnico/a superior na correspondente rama sanitaria ou titulación equivalente

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

C1

4

6

1

11

Título de técnico/a superior na correspondente rama sanitaria ou titulación equivalente

Técnico/a superior en radioterapia

C1

1

1

2

Título de técnico/a superior na correspondente rama sanitaria ou titulación equivalente

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

C2

55

62

7

124

Título de técnico/a auxiliar de clínica (FP 1º), técnico/a auxiliar de enfermaría (módulo profesional nivel 2, rama sanitaria) ou técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría (FP de grao medio, familia profesional sanidade).

Técnico/a en farmacia

C2

11

13

2

26

Título de técnico/a auxiliar de farmacia (FP 1º, rama sanitaria) ou técnico/a en farmacia (FP de grao medio, familia profesional Sanidade).

ANEXO II
Programa das probas selectivas

Parte común

Tema 1. A Constitución española: principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na constitución.

Tema 2. Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración pública galega.

Tema 3. A Lei xeral de sanidade: fundamentos e características. Competencias das administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.

Tema 4. A Lei de saúde de Galicia: O Sistema público de saúde de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde. A estrutura organizativa de xestión integrada: disposicións que a regulan.

Tema 5. O Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde: clasificación do persoal estatutario. Dereitos e deberes. Retribucións. Xornada de traballo. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.

Tema 6. O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde: réxime de provisión e selección de prazas.

Tema 7. A Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. A Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes.

Tema 8. A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos I, II, III e V. Principais riscos e medidas de prevención nas IISS. Lexislación sobre igualdade de xénero: a súa aplicación nos distintos ámbitos da función pública.

Os textos legais serán os vixentes á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procede ao nomeamento do tribunal de cualificación.

Parte específica

Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía (matrón/a)

Tema 1. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. Participación dos beneficiarios/as no prezo dos medicamentos. Plan de prioridades sanitarias e estratexia do Servizo Galego de Saúde. Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Tema 2. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. Código deontolóxico da enfermaría española. O código ético da Confederación Internacional de Matronas. Comisión Galega de Bioética. Comités de Ética Asistencial e Comités de Ética da Investigación do Sistema público de saúde de Galicia. Lei 3/2005, do 7 de marzo, de modificación da Lei 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes. Lei 41/2002, do 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.

Tema 3. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade asistencial: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: criterios, indicadores e estándares. Programas de calidade: deseño e implantación. Xestión e control da calidade total. Seguridade do paciente no Servizo Galego de Saúde. Equidade, eficiencia, eficacia e efectividade. Custos sanitarios: concepto, tipos e cálculo.

Tema 4. Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitativas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.

Tema 5. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Prevención e promoción da saúde. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.

Tema 6. Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo. Indicadores demográficos sanitarios: saúde maternoinfantil, morbilidade e mortalidade materna e mortalidade perinatal e infantil.

Tema 7. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Concepto de infeccións transmisibles. Vixilancia epidemiolóxica das infeccións transmisibles e o seu control. Enfermidades transmisibles máis importantes. Infeccións transmisibles sexualmente (ITS): tipos, características e prevención. Prevención da transmisión vertical de enfermidades infecciosas durante a xestación. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

Tema 8. Técnicas e habilidades de comunicación interpersoal e interprofesional. Escoita activa e relación de axuda. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional á muller e familia durante os procesos de embarazo, parto e puerperio. Sistemas de comunicación e información na educación para a saúde da muller e saúde perinatal. Dinámica de grupos nos grupos de educación para saúde sexual e reprodutiva da muller.

Tema 9. Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Elaboración de programas de saúde e a súa avaliación. Plans de atención integral. Xestión por procesos asistenciais. Programas e planificación dos coidados obstétricos-xinecolóxicos. Continuidade asistencial entre Atención Primaria e Atención Especializada. Modelos de coidados obstétrico-xinecolóxicos. Carteira de servizos común e complementaria.

Tema 10. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Historia Clínica electrónica do Servizo Galego de Saúde (IANUS). Principais sistemas de información dos centros hospitalarios e de atención primaria do Servizo Galego de Saúde. Clasificacións internacionais de problemas de saúde. Conxunto mínimo básico de datos (CMBD). A intimidade e a confidencialidade no ámbito sanitario. Sistemas de clasificación de coidados de enfermaría.

Tema 11. Atención primaria e atención hospitalaria. Estruturas organizativas de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde. Organización, estrutura e coordinación dos servizos xinecolóxicos. Práctica clínica baseada na evidencia. Bases de datos bibliográficos, revisión crítica da evidencia. Incorporación da evidencia á práctica clínica.

Tema 12. Perspectiva de xénero. Saúde e xénero. Morbilidade diferencial. Violencia de xénero: prevención, detección e actuación por parte dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.

Tema 13. Modelo de coidados obstétrico-xinecolóxicos: criterios de elección. Sistemas de planificación de coidados obstétrico-xinecolóxicos: estandarización, individualización. Datos da historia obstétrico-xinecolóxica e o seu rexistro. Programas e protocolos de coidados xinecolóxicos: definición, estrutura, elaboración, implantación e revisión. Coordinación de coidados obstétrico-xinecolóxicos entre ambos os niveis asistenciais.

Tema 14. Educación para a saúde da muller. Concepto, obxectivos, planificación, metodoloxía, avaliación. Deseño, implantación, seguimento e avaliación de programas de educación para a saúde da muller. Implicación da muller na educación para a saúde. Características da muller adolescente e adulta. Sistemas de comunicación e información na educación para a saúde da muller.

Tema 15. Anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor masculino e feminino. Ciclo ovárico e endometrial. Conceptos xerais sobre reprodución humana. Ovoxéneses, espermatoxéneses. Herdanza xenética, xenes e cromosomas. Desenvolvemento embrionario. Embrioloxía e anatomía funcional do aparello xenital feminino e as súas relacións topográficas. Pelve ósea. Esterilidade e infertilidade. Fecundación natural e artificial. Técnicas de reprodución asistida.

Tema 16. Malformacións xenéticas: tipos, clasificación, causas, prevención e diagnóstico.

Tema 17. Consulta preconcepcional. Valoración do risco obstétrico preconcepcional. Actuacións preventivas e promotoras da saúde. Actuacións no caso de enfermidades previas. Educación sanitaria durante a consulta preconcepcional.

Tema 18. Anatomía e fisioloxía do embarazo. Valoración de enfermaría obstétrico-xinecolóxica no diagnóstico de embarazo. Consulta prenatal: obxectivos, número mínimo de consultas, valoración dos riscos, probas diagnósticas, recomendacións, información á muller. Actividades que realiza a matrona durante as consultas prenatais. Control e seguimento de embarazo de baixo risco. Autocoidados derivados do embarazo. Versión cefálica externa. Xestación cronoloxicamente prolongada. Rexistro de datos: historia clínica electrónica, libro de saúde da embarazada, plan de parto/nacemento. Educación sanitaria individual e de grupo durante o embarazo. Cribado de cromosomopatías durante a xestación.

Tema 19. Alimentación saudable e exercicio durante o embarazo, lactación e puerperio. Medicamentos durante o embarazo e lactación materna. Condutas aditivas no embarazo e puerperio: repercusións na saúde materna e infantil. Intervencións e educación sanitaria.

Tema 20. Prevención de infeccións no embarazo. Inmunización activa ou pasiva. Infeccións durante o embarazo. Vacinas durante a xestación. Educación sanitaria.

Tema 21. Educación sanitaria individual e de grupo durante o embarazo e no puerperio (pre e posnatal): definición, programas, metodoloxía, contidos e avaliación. Adestramento psicofísico, psicoprofilaxe obstétrica, técnicas de relaxación e respiración, posturas facilitadoras durante o parto. Guía técnica do proceso de educación maternal pre e posnatal do Servizo Galego de Saúde. Planificación e posta en marcha dun programa de educación sanitaria de grupo e a súa avaliación.

Tema 22. Atención e coidados complementarios á muller con embarazo de alto risco. Valoración do risco xinecolóxico-obstétrico, psicolóxico e social, planificación de coidados xinecolóxicos e actuación. Atención e coidados complementarios ás mulleres embarazadas con alteracións cardiovasculares, respiratorias, dixestivas, renais, hematolóxicas, neurolóxicas. Atención e coidados complementarios á muller embarazada que presenta complicacións segundo o trimestre de xestación.

Tema 23. Preparto, signos e síntomas de inicio de traballo de parto. Atención e coidados proporcionados á muller durante as distintas etapas do parto. Mecanismos de parto. Situación e presentación fetal. Tipos de parto. Valoración fetal e materna durante o traballo de parto. Monitorización e rexistro da frecuencia cardíaca fetal e dinámica uterina. Interpretación do rexistro tococardiográfico durante o traballo de parto. Acompañamento durante o parto da matrona e da persoa de confianza da muller durante o parto e posparto. Plan de parto/nacemento. Partograma.

Tema 24. Métodos non farmacolóxicos e farmacolóxico (analxesia neuroaxial) de alivio da dor durante o parto, vantaxes e inconvenientes. Farmacoterapia durante o traballo.

Tema 25. Rotura prematura de membranas. Parto múltiple. Parto de nádegas. Indución de parto e fracaso de indución. Complicacións obstétricas durante o traballo de parto: valoración e recomendacións de actuación. Situacións de emerxencia obstétrica: definición, clasificación, etiopatoxenia, factores de risco, manifestacións clínicas e intervencións. Estudo de equilibrio ácido base. Criterios clínicos de indicación de cesárea urxente e programada. Atención á muller e ao bebé tras unha cesárea.

Tema 26. Atención durante o expulsivo (fase pasiva e activa). Valoración inicial, coidados inmediatos do neonato. Adaptación do neonato á vida extrauterina. Contacto pel con pel e fomento da lactación materna. Identificación do neonato. Actuacións durante o libramento da placenta. Actuación no caso de complicacións do libramento da placenta. Indicacións e procedemento de episiotomía, episiorrafia. Diagnóstico e reparación de esgazaduras de esfínter anal. Doazón de sangue de cordón. Rexistro dos datos do parto/nacemento.

Tema 27. Concepto, etapas e duración do puerperio. Modificacións fisiolóxicas e psicolóxicas. Complicacións (físicas e psíquicas) da nai e do bebé durante o puerperio. Ictericia, infeccións e sepse neonatal. Coidados da nai e do neonato no posparto inmediato. Coidados integrais do binomio nai-neonato durante o puerperio hospitalario. Inmunización activa durante o puerperio. Información que se debe proporcionar á muller durante o puerperio para os autocoidados e coidado do bebé. Papel do pai no proceso de crianza. Control e seguimento durante puerperio en atención primaria. Contidos e obxectivos da visita domiciliaria. Valoración psicosocial e do contorno familiar. Educación maternal durante o puerperio e recuperación posparto.

Tema 28. Atención e coidados ao neonato de risco (prematuro, dismaduro, posmaduro, con malformacións conxénitas, anoxia fetal, sepse, risco social). RCP neonatal. Atención no caso de perda perinatal. Actuación no caso de adopción.

Tema 29. Fisioloxía da lactación materna. Promoción e axuda a lactación materna. Información á nai e ao pai. Axuda práctica á nai lactante, observación e valoración da matrona das tomas de peito. Iniciativa para a humanización da asistencia ao nacemento e lactación (IHAN) e centros de saúde IHAN (CS-IHAN). Alimentación artificial: información a proporcionar á nai e ao pai. Consecuencias para a saúde da nai e do bebé da non lactación materna. Extracción, conservación e manipulación do leite materno. Recomendacións sobre a duración da lactación materna e introdución da alimentación complementaria. Educación sanitaria individual e de grupo (educación maternal posnatal, talleres de lactación materna), labor dos grupos de axuda á lactación materna. Complicacións temperás e tardías da lactación materna e actuación. Compatibilidade de medicamentos e outros produtos coa lactación materna. Bancos de leite materno.

Tema 30. Valoración e exploración do neonato. Cribado de enfermidades metabólicas.

Tema 31. Aborto espontáneo. Interrupción voluntaria do embarazo (IVE): tipos e requisitos legais necesarios. Información previa ao consentimento. Protección da intimidade e confidencialidade. Atención e coidados da muller no caso de aborto ou interrupción voluntaria do embarazo.

Tema 32. Planificación familiar e anticoncepción. Métodos anticonceptivos. Criterios para elixir o anticonceptivo adecuado a cada muller. Educación afectivo-sexual e asesoramento contraceptivo.

Tema 33. Sexualidade da muller ao longo da vida. Resposta sexual humana. Dificultades na vivencia da sexualidade e intervención. Deseño e desenvolvemento de programas de educación afectivo-sexual.

Tema 34. Atención e coidados á muller no caso de menarquia, amenorrea, dismenorrea, menorraxia, metrorraxia, oligomenorrea. Alteracións do ciclo menstrual. Educación sanitaria.

Tema 35. Atención e coidados de enfermaría obstétrico-xinecolóxica á muller con problemas xinecolóxicos. Enfermidades do colo uterino: malformacións, esgazaduras, infeccións e tumores benignos. Entidades precursoras do cancro uterino. Prevención do cancro de colo uterino.

Tema 36. Proceso de detección precoz de cancro de cérvix: obtención de mostras, clasificación de lesións citolóxicas e histolóxicas, cribado en grupos especiais de mulleres. Terminoloxía colposcópica. Proceso asistencial integrado do cancro de mama e vía rápida para pacientes con sospeita de cancro de mama. Programa galego de detección precoz de cancro de mama.

Tema 37. Concepto de hixiene hospitalaria. Antisépticos, desinfectantes. Esterilización. Papel da matrona na prevención da infección nosocomial: medidas preventivas. Asepsia e antisepsia durante o parto/nacemento. Xestión de residuos sanitarios.

Tema 38. Avaliación do solo pelviano. Promoción e prevención das disfuncións do solo pelviano. Recuperación e rehabilitación do solo pelviano. Programas de adestramento de solo pelviano. Masaxe perineal. Incontinencia urinaria e ano-rectal.

Tema 39. Cambios fisiolóxicos e psicosociais durante a perimenopausa e climaterio. Atención e coidados ás mulleres no climaterio. Promoción de hábitos saudables. Educación para a saúde individual e de grupo.

Fisioterapeuta

Tema 1. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios/as. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos/das beneficiarios/as no prezo dos medicamentos.

Tema 2. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.

Tema 3. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.

Tema 4. Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitivas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.

Tema 5. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

Tema 6. Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.

Tema 7. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.

Tema 8. Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao paciente, coidador principal e familia.

Tema 9. Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.

Tema 10. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Tema 11. Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Factores de risco para a saúde nas distintas etapas da vida (infancia, adolescencia, adulto e ancián): identificación de factores de risco e medidas que se deben adoptar.

Tema 12. A educación para a saúde individual, grupal e comunitaria: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. Criterios para a elaboración de programas de educación para a saúde. Grupos de autoaxuda: concepto.

Tema 13. Unidades de fisioterapia de atención especializada: coordinación da actividade fisioterapéutica cos distintos servizos e departamentos do hospital. Coordinación entre niveis asistenciais: protocolos conxuntos. Unidades de fisioterapia en atención primaria: consulta fisioterápica, coordinación cos equipos de atención primaria. Sala de fisioterapia. Fisioterapia grupal e atención comunitaria.

Tema 14. Metodoloxía de intervención en fisioterapia asistencial. Aspectos do diagnóstico fisioterapéutico: entrevista clínica, exploración física. Definición de problemas, obxectivos e plans de actuación. Discapacidade, deficiencia e minusvalidez: concepto.

Tema 15. Sistemas de información utilizados en atención primaria e atención especializada: historia clínica. Rexistros específicos de actividade en atención primaria e atención especializada. Informe no momento da alta. Clasificacións internacionais de problemas de saúde (CIAP, CIE-9, NANDA): características xerais.

Tema 16. Cinesioloxía: eixes e planos do corpo. Movementos articulares elementais. Goniometría articular: concepto, rexistro, técnicas goniométricas e amplitudes articulares dos MM.SS. MM.II. e columna vertebral. Valoración muscular: principios xerais, sistemas de gradación, técnica de valoración muscular.

Tema 17. Fisioterapia respiratoria. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: EPOC e asma. Cirurxía cardiorrespiratoria e outras cirurxías.

Tema 18. Fisioterapia en pacientes críticos. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico: pacientes en UCI. Parada cardiorespiratoria. Obstrución da vía aérea. Reanimación cardiopulmonar básica.

Tema 19. Fisioterapia en traumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes. Fisioterapia no deporte: técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.

Tema 20. Fisioterapia nas patoloxías osteoarticulares e de partes brandas. Alxias crónicas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.

Tema 21. Fisioterapia nas malformacións conxénitas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes.

Tema 22. Fisioterapia na reumatoloxía. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes: artropatías inflamatorias, reumatismos dexenerativos, periartrite escápulohumeral.

Tema 23. Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso central: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas patoloxías máis frecuentes do sistema nervioso central: síndromes neurolóxicas, lesións da medula espiñal, lesións cerebrais.

Tema 24. Fisioterapia na patoloxía neurolóxica do sistema nervioso periférico: valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico nas afecciones máis frecuentes: poliomielite anterior aguda, lesións do plexo braquial e membro inferior, parálises periféricas tronculares.

Tema 25. Fisioterapia no desenvolvemento psicomotor do neno normal: valoración e actividades de promoción e prevención. Valoración e métodos de tratamento fisioterapéutico da parálise cerebral (PC), valoración dos trastornos motores e dos trastornos asociados. Educación terapéutica do PC.

Tema 26. Fisioterapia no ancián: valoración fisioterapéutica, escalas de actividades da vida diaria (AVD), actividades de prevención e promoción. Atención fisioterapéutica no ancián discapacitado. Os accidentes no ancián: caídas e outros riscos. Plan xerontolóxico nacional: xeneralidades.

Tema 27. Fisioterapia no adulto. Plan fisioterapéutico personalizado en pacientes con hipertensión (HTA), diabete, obesidade e risco cardiovascular. Técnicas de rehabilitación do solo pélvico.

Tema 28. Fisioterapia en patoloxías vasculares periféricas. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Paciente amputado.

Tema 29. Fisioterapia nas alteracións da aliñación vertebral. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico.

Tema 30. Cinesiterapia: concepto e modalidades. Principios xerais, indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia pasiva e activa. Definición e tipos. Efectos terapéuticos, indicacións e contraindicacións.

Tema 31. Cinesiterapia activa-resistida. Definición. Métodos de potenciación muscular. Indicacións e contraindicacións. Cinesiterapia activa específica: exercicios de Codman, Buerger, Frenkel, Chandler e Propiocepción.

Tema 32. Electroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Clasificación das correntes eléctricas máis utilizadas en fisioterapia. Ensamblaxe entre o aparello de electroterapia e o paciente: factores que se deben valorar. Normas de seguridade no manexo de aparellos de electroterapia.

Tema 33. Técnicas electroterápicas con correntes de baixa, media e alta frecuencia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Factores que hai que ter en conta na dosificación das diferentes técnicas electroterápicas.

Tema 34. Ultrasonoterapia, laserterapia, magnetoterapia. Indicacións terapéuticas e contraindicacións. Técnicas de aplicación.

Tema 35. Masoterapia. Concepto, indicacións e contraindicacións. Efectos terapéuticos. Técnicas de masoterapia e manobras fundamentais: rozamento, frición, presión, amasamento, vibración e percusión. Técnicas especiais de masoterapia: masaxe transversa profunda, drenaxe linfática manual e masaxe do tecido conxuntivo: efectos fisiolóxicos e terapéuticos, técnicas específicas, indicacións e contraindicacións.

Tema 36. Mecanoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Equipamentos especiais: aparellos de tracción, bicicleta cinética, mesa de man, espaleiras, escaleiras, ramplas, escadas de dedos, táboa de Boheler: utilidades e aplicacións.

Tema 37. Suspensioterapia e poleoterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios xerais. Utilidades e aplicacións.

Tema 38. Avaliación da marcha normal e patolóxica. Reeducación nas diferentes patoloxías.

Tema 39. Termoterapia e crioterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Formas de propagación da calor. Termorregulación: estímulo térmico e frío. Técnicas de aplicación, efectos fisiolóxicos e terapéuticos.

Tema 40. Hidroterapia: concepto, indicacións e contraindicacións. Principios xerais. Tipos de auga. Temperatura da auga. Efectos fisiolóxicos e terapéuticos. Técnicas hidroterápicas: baños, compresas e envolturas, ablucións, procesos hidrocinéticos.

Tema 41. Fisioterapia nas alxias vertebrais. Valoración fisioterapéutica e obxectivos fisioterápicos. Técnicas e métodos de tratamento fisioterapéutico. Escola de costas: hixiene postural e prevención. Terapias manuais.

Tema 42. A vendaxe funcional: concepto e aplicacións. Material necesario. Métodos. Indicacións e contraindicacións.

Tema 43. Hixiene hospitalaria. Antisépticos/desinfectantes. Papel do fisioterapeuta na prevención e control de infeccións hospitalarias. Illamento hospitalario.

Logopeda

Tema 1. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios/as. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos/das beneficiarios/as no prezo dos medicamentos.

Tema 2. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do paciente.

Tema 3. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do usuario. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.

Tema 4. Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitativas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.

Tema 5. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

Tema 6. Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.

Tema 7. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, transcendencia, vulnerabilidade e custo.

Tema 8. Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio.

Tema 9. Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.

Tema 10. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Tema 11. Conceptos básicos sobre a comunicación e a linguaxe. Adquisición e desenvolvemento da linguaxe e a comunicación. Funcións da linguaxe. Linguaxe, lingua e fala.

Tema 12. Psicoloxía da linguaxe. Pensamento e linguaxe. O/a neno/a bilingüe e/ou trilingüe.

Tema 13. Etapas de desenvolvemento da linguaxe no/na neno/a. Alteracións da linguaxe máis comúns na etapa escolar.

Tema 14. Anatomía e fisioloxía do oído. Déficit auditivo, etioloxía e tipos. Avaliación do déficit auditivo: audiometrías, potenciais evocados, otoemisións.

Tema 15. Anatomía e fisioloxía dos órganos bucofonatorios. A larinxe e as súas funcións. Mecánica respiratoria e fonación.

Tema 16. Neuroanatomía da linguaxe.

Tema 17. Codificación e decodificación lingüística. Descrición e análise dos compoñentes da linguaxe. Lingüística e logopedia. Fonética e fonoloxía.

Tema 18. Obxectivos da intervención logopédica.

Tema 19. O logopeda: funcións e ámbitos de actuación. O/a logopeda nos equipos multidisciplinares. Relación da logopedia con outras disciplinas: fisioterapia, terapia ocupacional, psicoloxía, medicina.

Tema 20. Modelos de intervención: educación, reeducación, rehabilitación e terapia.

Tema 21. O programa de intervención logopédica: avaliación, obxectivos, temporalización, metodoloxía, materiais e recursos, avaliación continua e final.

Tema 22. Clasificación xeral e breve definición dos trastornos da linguaxe, fala, voz e audición.

Tema 23. Avaliación e intervención logopédica en dislalias e atrasos da fala.

Tema 24. Avaliación e intervención logopédica en atrasos da linguaxe e TEL (disfasias).

Tema 25. Avaliación e intervención logopédica en alteracións da lectura e escritura: dislexias, disgrafías, disortografías.

Tema 26. Avaliación e intervención logopédica en disglosias.

Tema 27. Avaliación e intervención nos trastornos de fluidez da fala.

Tema 28. Disartrias: avaliación e intervención en Párkinson, ELA e esclerose múltiple.

Tema 29. Disfonías: clasificación. Avaliación e intervención. A voz profesional.

Tema 30. Intervención logopédica en deficiencia mental, autismo e mutismo.

Tema 31. Intervención logopédica en deficiencias motoras e en parálise cerebral.

Tema 32. Afasias. Tipoloxía e correlatos anatómicos.

Tema 33. Afasias e trastornos asociados: alexia, agrafía, acalculia, apraxias, aprosodias.

Tema 34. Afasias. Avaliación e intervención en adultos e nenos.

Tema 35. Intervención logopédica e envellecemento. Intervención en demencias. Programas de estimulación e prevención.

Tema 36. Intervención logopédica en laringuectomizados. Próteses fonatorias.

Tema 37. Intervención logopédica en trastornos da deglutición: disfaxia.

Tema 38. Intervención logopédica en deglutición atípica.

Tema 39. Deficiencia auditiva. Desenvolvemento da linguaxe na persoa con déficit auditivo. Avaliación e valoración da deficiencia auditiva. Clasificación e etioloxía das hipoacusias.

Tema 40. Avaliación e valoración da linguaxe na persoa con déficit auditivo. Intervención logopédica na deficiencia auditiva: oralidade, palabra complementada, linguaxe bimodal, linguaxe de signos.

Tema 41. Próteses auditivas: implantes cocleares e audiófonos. Adestramento auditivo e habilitación ou rehabilitación da linguaxe.

Tema 42. O/a neno/a con implante coclear: atención ao son, desmutización, desenvolvemento da linguaxe. O/a neno/a implantado/a fronte ao bilingüismo. Relación do/da logopeda co/coa otorrinolaringólogo/a, o/a audioprotesista e a escola.

Tema 43. Intervención logopédica en nenos/as xordocegos/as.

Tema 44. Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación.

Tema 45. Técnicas de grupo en logopedia e habilidades sociais.

Tema 46. Prevención e atención temperá nos trastornos de linguaxe, fala, voz e audición.

Tema 47. Recursos tecnolóxicos en logopedia.

Tema 48. Logopedia e musicoterapia.

Tema 49. Éxito na intervención: motivación e compromiso do/da paciente, motivación e compromiso do/da logopeda, o papel da familia.

Terapeuta ocupacional

Tema 1. Asistencia sanitaria: obxecto e feitos causantes. Beneficiarios/as. Prestacións médicas e farmacéuticas. Modalidades da prestación médica. A participación dos/das beneficiarios/as no prezo dos medicamentos.

Tema 2. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentemento informado. Os dereitos de información sanitaria, intimidade e o respecto da autonomía do/da paciente.

Tema 3. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Dimensións de calidade: científico técnica, efectividade, eficiencia, accesibilidade e satisfacción do/da usuario/a. Avaliación de estrutura, proceso e resultados. Mellora continua da calidade. Métodos de avaliación da calidade: auditorías. Programas de calidade: deseño e implantación.

Tema 4. Metodoloxía de investigación: técnicas cuantitivas e cualitativas. Estrutura metodolóxica dun traballo científico. Fontes de datos. Investigación básica: estudos de identificación e priorización de problemas. Investigación aplicada: estudos descritivos e analíticos dos diagnósticos utilizados, estudos de procesos e resultado.

Tema 5. Epidemioloxía: concepto. O método epidemiolóxico. Enfermidades transmisibles de maior incidencia na poboación galega: tipos e características. Sistema nacional de vixilancia epidemiolóxica. Enfermidades de declaración obrigatoria.

Tema 6. Demografía sanitaria. Indicadores demográficos e a súa utilidade para o traballo: natalidade, fecundidade, mortalidade, migracións, crecemento vexetativo.

Tema 7. Saúde pública: concepto. Saúde e enfermidade: concepto. Indicadores de saúde por idade e sexo: morbilidade, mortalidade, letalidade e esperanza de vida. Principais problemas de saúde na poboación galega actual. Elementos de priorización: magnitude, trascendencia, vulnerabilidade e custo.

Tema 8. Técnicas e habilidades de comunicación e relación interpersoal. Traballo en equipo. Entrevista clínica. Concepto e características. Identificación de necesidades de apoio emocional e psicolóxico ao/á paciente, coidador/a principal e familia.

Tema 9. Xestión e planificación de servizos sanitarios: concepto. Produto sanitario: concepto. Carteira de servizos: concepto.

Tema 10. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Tema 11. Definición de terapia ocupacional. O desenvolvemento da terapia ocupacional en España. Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. (Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro).

Tema 12. Bases conceptuais de terapia ocupacional: conceptos básicos, paradigma de terapia ocupacional.

Tema 13. Marcos de referencia primarios: fisiolóxico, psicolóxico e humanista.

Tema 14. Marcos de referencia aplicados na disfunción física: biomecánico, neurodesenvolvemento, cognitivo-perceptivo. Marcos de referencia aplicados na disfunción psicosocial: condutual, cognitivo-condutual, psicodinámico e humanista.

Tema 15. Modelos propios de terapia ocupacional: MOHO, modelo canadense do desempeño ocupacional, modelo de discapacidade de Allen, modelo do funcionamento ocupacional de Trombly. Outros modelos en desenvolvemento: Reed&Sanderson; Reilly, M.

Tema 16. Concepto de ocupación. Diferenzas entre ocupación, actividade e tarefa.

Tema 17. Rol, competencias e funcións do/da terapeuta ocupacional no equipo interdiscliplinar nos diferentes ámbitos de intervención.

Tema 18. Avaliación en terapia ocupacional. Diferenzas entre avaliación e valoración. Avaliación inicial, durante e o remate do tratamento.

Tema 19. Abordaxes de intervención en terapia ocupacional: promoción da saúde, restauración, mantemento, modificación e prevención da discapacidade. Educación para a saúde individual, grupal e comunitaria en terapia ocupacional: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas.

Tema 20. Análise da actividade. Modelos para a análise da actividade. A graduación da actividade.

Tema 21. Actividades da vida diaria: definición e clasificación. Relación coa terapia ocupacional. Instrumentos estandarizados para a súa valoración.

Tema 22. Actividades produtivas en terapia ocupacional.

Tema 23. Ocio en terapia ocupacional.

Tema 24. A Rede de servizos de saúde mental en Galicia. Os dispositivos asistenciais en atención primaria, especializada e sociosanitaria: coordinación, descrición e función. Modelos de rehabilitación psiquiátrica.

Tema 25. Intervención en terapia ocupacional nas patoloxías de saúde mental máis frecuentes: esquizofrenia e outros trastornos psicóticos, trastornos da conduta alimentaria, trastornos do estado de ánimo, trastornos relacionados con substancias.

Tema 26. Fisiopatoloxía do envellecemento: envellecemento fisiolóxico e patolóxico. Valoración xeriatrica integral: papel do/da terapeuta ocupacional.

Tema 27. Intervención da terapia ocupacional nas síndromes xeriátricas de maior incidencia: deterioración funcional, inmobilismo, caídas, incontinencia urinaria e demencia.

Tema 28. Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas por lesións medulares.

Tema 29. Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas de accidentes cerebrovasculares e traumatismos cranioencefálicos.

Tema 30. Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas de esclerose múltiple, párkinson, enfermidade da motoneurona.

Tema 31. Intervención da terapia ocupacional na enfermidade cardíaca e respiratoria.

Tema 32. Intervención da terapia ocupacional na patoloxía de orixe reumatolóxica, osteo-articular e de partes brandas.

Tema 33. Terapia ocupacional na amputación e substitución protésica.

Tema 34. Terapia ocupacional en oncoloxía. Intervención da terapia ocupacional en pacientes terminais.

Tema 35. Intervención da terapia ocupacional en perdas sensoriais: visuais e auditivas. Sistema de comunicación aumentativa e alternativa.

Tema 36. Intervención da terapia ocupacional na paralise cerebral infantil e na espiña bífida. O xogo como ocupación no/a neno/a.

Tema 37. Intervención da terapia ocupacional nas distrofias musculares, malformacións conxénitas, e paralise branquial obstétrica nas unidades de atención temperá.

Tema 38. Órteses: concepto, clasificación, funcións e mecanismos de acción.

Tema 39. Próteses: concepto, clasificación, funcións e mecanismos de acción.

Tema 40. Concepto de adaptacións e axudas técnicas. Criterios de selección. Axudas técnicas para o coidado persoal, alimentación, fogar, ocio e tempo libre, material escolar e informático.

Tema 41. Axudas técnicas para a mobilidade e o transporte. Clasificación, funcións e criterios de selección.

Tema 42. Avaliación ambiental. Intervención da terapia ocupacional na adaptación ambiental. Dispositivos de control do medio.

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Tema 1. Principios fundamentais da bioética: aspectos éticos do traballo do/da técnico en anatomía patolóxica. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica.

Tema 2. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Avaliación da calidade: estrutura, proceso e resultado aplicado á unidade. Servizo de Anatomía Patolóxica. Sistemas de control da calidade internos e externos.

Tema 3. Metodoloxía de investigación. Técnicas cuantitativas e cualitativas. Fontes de datos. Estudos descritivos e analíticos no laboratorio de anatomía patolóxica. Estudos de proceso e resultado. O papel do/da técnico.

Tema 4. Epidemioloxía e método epidemiolóxico. Epidemioloxía das enfermidades transmisibles. Infección nosocomial: barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiais.

Tema 5. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.

Tema 6. Asepsia e esterilización. Concepto de sepses, antisepses, esterilización e desinfección. Manexo de materiais estériles.

Tema 7. Laboratorio de anatomía patolóxica. Risco no uso de substancias químicas. Efectos tóxicos dos disolventes orgánicos.

Tema 8. Introdución á histotecnoloxía aplicada ao laboratorio de anatomía patolóxica: funcións dos/das técnicos en anatomía patolóxica. Concepto e obxecto da histotecnoloxía. Conceptos de biopsia e peza cirúrxica. Conceptos de preparación histolóxica.

Tema 9. Técnicas xerais de autopsia e estudo macroscópico. As salas de autopsia e macroscopia. Funcións do/da técnico en anatomía patolóxica en relación coas autopsias e os estudos macroscópicos.

Tema 10. Fundamentos xerais sobre procesamento histolóxico dos tecidos. Equipamento xeral dun laboratorio de anatomía patolóxica. Tratamento dos cortes previo e posterior á coloración.

Tema 11. Fundamentos do proceso de fixación tisular: principios xerais da fixación tisular. Tipos de fixación. Clases de axentes fixadores segundo o seu mecanismo de actuación. Fixación en microscopia electrónica. Regras xerais que se observarán no emprego de líquidos fixadores.

Tema 12. Descalcificación e rebrandecemento tisular. Solucións descalcificantes máis utilizadas. Aceleración do proceso de descalcificación química mediante ultrasóns. Descalcificación electrolítica.

Tema 13. Métodos e técnicas de inclusión: deshidratación. Infiltración en parafina. Outros métodos de inclusión (xelatina, celoidina, resinas plásticas). A inclusión en microscopia electrónica.

Tema 14. Realización dos bloques e orientación dos especimes. Consideracións xerais. Estruturas tubulares. Superficies epiteliais. Fragmentos grandes. Fragmentos múltiples. Estruturas quísticas. Realización dos bloques en microscopia electrónica.

Tema 15. Micrótomos e técnicas de corte dos tecidos. Concepto e tipos de micrótomos. Técnica de corte sobre bloques de parafina. Técnica de corte no criostato. Técnicas de corte en microscopia electrónica.

Tema 16. O microscopio óptico simple e composto. Regras xerais para o uso do microscopio. Concepto, descrición e funcionamento do microscopio electrónico de transmisión.

Tema 17. Fundamentos xerais de coloración. Coloracións nucleares. Colorantes citoplasmáticos. Coloracións de conxunto.

Tema 18. Coloracións para tecido conxuntivo. Técnicas de impregnación arxéntica.

Tema 19. Técnicas de coloración para a identificación de distintos tipos de substancias: graxas, glicóxeno, mucina, fibrina e amiloide.

Tema 20. Coloracións para ácidos nucleicos. Métodos para a identificación e tinguidura de pigmentos e ións metálicos.

Tema 21. Métodos para a detección de microorganismos: bacterias, ácido, alcohol resistente, espiroquetas, fungos, virus da hepatite.

Tema 22. Técnicas inmunohistoquímicas e diagnóstico molecular. Recollida e preparación do tecido.

Tema 23. Introdución á citopatoloxía. Equipamento xeral dunha sección de citopatoloxía. Funcións dos citotecnólogos.

Tema 24. Tipos de mostras en citopatoloxía: exfoliativa, por punción -aspiración con agulla fina (PAAF), de líquidos e secrecións e outras. Xeneralidades sobre a obtención, prefixación e envío das ditas mostras.

Tema 25. Procesamento xeral do material citopatolóxico: extensión de esputos e aspirados bronquiais, líquidos diversos, lavados bronquiais e gástricos, punción aspiración con agulla fina (PAAF). Fixación.

Tema 26. Coloracións para estudos citolóxicos. Métodos de coloración máis importantes: coloración de Papanicolaou, de May-Grünwald -Giemsa, de Diff-Quik.

Tema 27. Aspectos básicos de citodiagnóstico. Estrutura fundamental da célula. Xeneralidades sobre núcleo e citoplasma. Citodiagnóstico da inflamación tisular. Criterios citolóxicos de malignidade celular.

Tema 28. Citoloxía do aparello xenital feminino. Citoloxía cervical. Citoloxía da vulva e vaxina. Citoloxía do endometrio.

Tema 29. Citoloxía clínica: citoloxía exfoliativa do aparello respiratorio, do aparello dixestivo, dos derrames, de urina, doutras localizacións.

Tema 30. Técnicas especiais en citoloxía. A inmunocitoquímica en citoloxía diagnóstica. Citometría de fluxo. Técnicas de diagnóstico molecular. Métodos de citometría dixital e análises de imaxe.

Tema 31. Nocións. básicas de informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Técnico/a superior en hixiene bucodental

Tema 1. Músculos da mastigación, deglución, linguaxe oral e do xesto. Enervación e vascularización bucodental.

Tema 2. Aparello dixestivo: definición, composición, alteracións. Aparello excretor. Definición e función.

Tema 3. Articulacións temporomandibulares, estruturas asociadas. Ósos e articulacións da cabeza e do pescozo.

Tema 4. A célula: compoñentes físicos e químicos. Concepto de tecido.

Tema 5. Desenvolvemento embriolóxico da cara e estruturas bucais.

Tema 6. Flora microbiana normal: concepto, composición, crecemento.

Tema 7. Inmunidade: definición. Sistema inmunitario. Antíxeno/anticorpo: concepto e diferenciación.

Tema 8. Composición microbiolóxica da placa dental e saliva.

Tema 9. Carie: definición, causas e prevención.

Tema 10. Traumatismos e infeccións da cara e maxilares: definición e descrición.

Tema 11. Alteracións das encías, mucosa oral e glándulas salivares.

Tema 12. Desenvolvemento e alteracións da estrutura dentaria. Oclusión. Maloclusión.

Tema 13. Saúde bucodental: concepto e métodos para a súa prevención. Hábitos alimenticios relacionados coa saúde bucodental.

Tema 14. Nutrición: concepto. Os alimentos: tipos e procesamentos. Inxestión. Dixestión. Absorción. Excreción.

Tema 15. Enfermidades periodontais. Patoloxía da pulpa.

Tema 16. Vías de administración de medicamentos empregados en odontoloxía: descrición e diferenciación.

Tema 17. Analxésicos, anestésicos, antiinflamatorios, antibióticos: concepto e diferenciación.

Tema 18. Coagulantes e anticoagulantes: concepto, diferenciación e precaucións.

Tema 19. Raios X: concepto. Tipos de radiografías bucodentais. Revelado. Métodos. Conservación e mantemento do equipamento radiolóxico. Normas de protección radiolóxica na consulta de odontoloxía.

Tema 20. Materiais dentais: fundamento, composición, tipos. Instrumentación na consulta odontóloxica: descrición, tipos (material de exérese, sutura e hemostase, instrumentación ultrasónica, instrumentos de corte manual). Coidado, mantemento do instrumental.

Tema 21. Técnicas de limpeza e pulido dentarios supraxinxivais: descrición.

Tema 22. Hixiene bucodental e interdental: concepto e utilización. Fluorados: concepto e utilización.

Tema 23. Concepto de saúde e enfermidade. Educación para a saúde: concepto.

Tema 24. Saúde pública: definición e desenvolvemento. Programas de saúde bucodental: concepto, elaboración, implantación, avaliación. Poboación a que van dirixidos.

Tema 25. Riscos profesionais en odontoloxía. Normas de seguridade e medidas preventivas. Enfermidades de transmisión por fluidos orgánicos: hepatite vírica e SIDA. Mecanismo de transmisión e epidemioloxía.

Tema 26. Comunicación co paciente. Recepción. Recollida de datos. Sistemas de rexistros e arquivos.

Tema 27. Equipo humano odontolóxico. Composición e organización. Ética no proceso odontolóxico: principios básicos. Confidencialidade. Papel do/da hixienista na Atención Primaria.

Tema 28. Colocación do/da paciente para exploración bucodental. Posición do/da facultativo e do/da hixienista.

Tema 29. Concepto de sepse, antisepsia. Manexo de materiais estériles. Limpeza, desinfección e esterilización na consulta odontolóxica.

Tema 30. Cancro oral. Factores de risco. Lesións e estados precancerosos. Prevención primaria e secundaria. Papel do/da hixienista na detección precoz do cancro oral.

Tema 31. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

Tema 1. Servizo de radioloxía e medicina nuclear: estrutura, organización e funcións. Servizo de admisión, atención ao paciente e documentación clínica.

Tema 2. Concepto de asepsia, antisepsia, esterilización e desinfección. Concepto de saúde e enfermidade. A infección hospitalaria: medidas preventivas no servizo de radioloxía e medicina nuclear.

Tema 3. Relación técnico especialista-paciente. Técnicas de comunicación e habilidades sociais. Problemática e atención de pacientes afectados de discapacidade física ou psíquica, pacientes senís e pacientes oncolóxicos. Técnicas de mobilización de pacientes.

Tema 4. Programa de garantía de calidade no servizo de radioloxía e medicina nuclear. Control de calidade en aspectos clínicos. Control de calidade do equipamento. Programa de mantemento.

Tema 5. Física das radiacións: conceptos e tipos de radiacións ionizantes. Interacción das radiacións ionizantes coa materia. Fontes e equipos xeradores de radiacións ionizantes utilizadas nas unidades de radioloxía e medicina nuclear. Magnitudes e unidades radiolóxicas.

Tema 6. Detección e medida das radiacións: fundamentos. Detectores utilizados nas instalacións de radioloxía e medicina nuclear. Dosimetría ambiental e persoal.

Tema 7. Radiobioloxía: radiosensibilidade, resposta celular sistémica e orgánica. Efectos xenéticos e somáticos da radiación.

Tema 8. Protección radiolóxica: protección radiolóxica operacional. Regulamento da protección sanitaria fronte ás radiacións ionizantes.

Tema 9. Equipamentos de diagnóstico por imaxe: radioloxía convencional intervencionista, tomografía computerizada, resonancia magnética e ultrasonografía. Principios de tomografía computerizada e resonancia magnética: fundamentos físicos, aplicacións e indicacións. Estudos e técnicas de exploración con TC e RMN. Ultrasonografía. Bases e fundamentos físicos. Ultrasonografía en 2, 3 e 4 dimensións. Vantaxes. Inconvenientes.

Tema 10. Outras exploracións radiolóxicas: Ortopantomografía, dacriocistografía, sialografía, fistulografía, densitometría, linfografía, flebografía, anxioTAC, anxioRM.

Tema 11. Equipamentos de medicina nuclear: gammacámara e tomografía de emisión de positróns (PET).

Tema 12. Xestión de material radioactivo: recepción, almacenamento e manipulación. Xestión de residuos en radioloxía: clasificación, transporte, eliminación e tratamento. Segregación de residuos e envasado. Xestión de residuos radioactivos nas unidades de medicina nuclear.

Tema 13. Contrastes radiolóxicos. Tipos. Indicacións. Precaucións xerais na súa utilización. Utilidade en TC e RM.

Tema 14. Sistemas de imaxe na radioloxía convencional. Película radiográfica: revelado e fixado. Sistemas dixitais de imaxe.

Tema 15. Radioloxía de urxencias, coidados intensivos e quirófanos. O paciente politraumatizado, o seu manexo e prioridades exploratorias.

Tema 16. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración radiolóxica das extremidades e articulacións. Tipos de fracturas. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 17. Anatomía radiolóxica e técnica de exploración da columna e articulacións. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 18. Anatomía radiolóxica e técnica de exploración da rexión cranial. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 19. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tórax. Conceptos xerais sobre a patoloxía pulmonar. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 20. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do aparello xenito-urinario. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 21. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do abdome, con e sen medios de contraste. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 22. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración da mama. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 23. Radioloxía do sistema biliar. Colecistografía oral. Colaxiografía intravenosa. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 24. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tracto dixestivo superior. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 25. Anatomía radiolóxica e técnicas de exploración do tracto dixestivo inferior. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 26. Arteriografía, flebografía e anxiografía dixital: técnicas de exploración radiolóxica. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 27. Anxiografía cerebral. Técnica radiolóxica. As súas contraindicacións.

Tema 28. Radioloxía pediátrica. Estudo do/da prematuro/a e do/da lactante. Coidados e consideracións especiais. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 29. Técnicas radiolóxicas usadas para o estudo cardíaco. Factores de exposición: quilovoltaxe, miliamperaxe e tempo de exposición.

Tema 30. Primeros auxilios no servizo de radioloxía e medicina nuclear. Actuacións ante situacións de emerxencia: parada cardíaca, hemorraxias, reaccións alérxicas e responsabilidade do/da técnico en radioloxía.

Tema 31. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Tema 1. Principios fundamentais da bioética: aspectos éticos do traballo do/da técnico especialista en laboratorio. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica.

Tema 2. Calidade no Sistema nacional de saúde: características da atención sanitaria. Avaliación da calidade: estrutura, proceso e resultado aplicado á unidade. Servizo de laboratorio. Sistemas de control da calidade internos e externos: protocolos de traballo, indicadores de calidade, desviacións do proceso analítico. Avaliación da calidade: auditorías. Mellora continua da calidade do proceso analítico. Normalización e certificación de calidade. Normas de calidade en laboratorios de ensaio.

Tema 3. Metodoloxía de investigación. Técnicas cuantitativas e cualitativas. Fontes de datos. Estudos descritivos e analíticos en laboratorio. Estudos de proceso e resultado. O papel do/da técnico especialista.

Tema 4. Epidemioloxía e método epidemiolóxico. Epidemioloxía das enfermidades transmisibles. Infección nosocomial: barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiais. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.

Tema 5. Asepsia e esterilización. Concepto de sepse, antisepsia, esterilización e desinfección. Manexo de materiais estériles. Risco no uso de substancias químicas. Efectos tóxicos dos disolventes orgánicos.

Tema 6. Programas de mantemento de equipamentos e material da unidade/servizo. Xestión do almacenamento, distribución, controis de existencias e reposición do material utilizado na unidade/servizo.

Tema 7. Documentación que manexa o técnico de laboratorio: criterios para cubrila. Circuítos da información. Atención ao paciente: requisitos de preparación, información sobre as probas analíticas e a recollida de mostras.

Tema 8. Mostras biolóxicas humanas: substancias analizables. Determinación analítica. Recollida, conservación e transporte de mostras para o seu procesamento. Características xerais destas. Normas de seguridade no manexo. Equipamentos e reactivos. Criterios de exclusión e rexeitamento das mostras.

Tema 9. Microscopios: fundamentos, propiedades ópticas e elementos. Tipos de microscopia: campo luminoso, campo escuro, luz ultravioleta, fluorescencia, contraste de fase e de transmisión electrónica.

Tema 10. Sangue: composición e fisioloxía. Fisioloxía e metabolismo eritrocitario: reconto hemacias, anormalidades morfolóxicas eritrocitarias, metabolismo do ferro e a hemoglobina. Patoloxías do sistema eritrocitario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.

Tema 11. Fisioloxía e morfoloxía do sistema leucocitario: reconto e clasificación dos leucocitos, técnicas histoquímicas e inmunolóxicas de identificación leucocitaria. Patoloxías do sistema leucocitario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.

Tema 12. Fisioloxía e morfoloxía das plaquetas: reconto e alteracións morfolóxicas das plaquetas. Patoloxías do sistema plaquetario: alteracións cuantitativas e cualitativas, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento destas patoloxías.

Tema 13. Fisioloxía e morfoloxía da coagulación: mecanismo de coagulación, fibrinolise, métodos e instrumentos para a análise da formación e destrución do coágulo, alteracións da hemostasia, probas analíticas para o diagnóstico e seguimento de alteracións da hemostasia.

Tema 14. Inmunoloxía celular: antíxeno e anticorpo. Reacción antíxeno-anticorpo e síntese de anticorpos. Sistemas do complemento. Antíxenos de histocompatibilidade. Mecanismos da resposta inmune.

Tema 15. Antíxenos e anticorpos eritrocitarios, leucocitarios e plaquetarios. Sistema ABO. Sistema Rh. Outros sistemas. Compatibilidade eritrocitaria entre doador e receptor. Técnicas de fraccionamento, separación e conservación de hemoderivados.

Tema 16. Microbioloxía: características diferenciais de bacterias, fungos, parasitos e virus. Técnicas de observación. Tipos de tinguiduras.

Tema 17. Características do crecemento dos microorganismos. Medios de cultivo para crecemento e illamento primario. Características e clasificación dos medios de cultivo. Técnicas de inoculación, illamento e recontos celulares bacterianos.

Tema 18. Características dos microorganismos implicados en procesos infecciosos: cocos gram positivos e gram negativos. Bacilos gram positivos e gram negativos. Aerobios e anaerobios. Micobacterias: medios de cultivo e identificación. Patoloxía e tipos de tuberculose: probas de laboratorio.

Tema 19. Probas de sensibilidade aos antimicrobianos: tipos, interpretación. Concepto de resistencia antibacteriana. Probas de dilución e sensibilidade por dilución.

Tema 20. Micoloxía: clasificación, illamento e exame dos fungos. Diagnóstico micolóxico de laboratorio. Parasitoloxía e métodos de identificación.

Tema 21. Viroloxía: métodos de cultivo e identificación. VIH ou sida. Patoxenia. Diagnóstico de laboratorio da infección por VIH.

Tema 22. Bioquímica: medidas de analitos por fotometría, espectrofotometría. Medición do pH. Técnicas cuantitativas de valoración. Estudo do equilibrio hidroelectrolítico e ácido base. Determinación de ións, pH, e gases en sangue arterial.

Tema 23. Proteínas séricas: métodos de determinación. Separación de fraccións proteicas. Electroforeses. Interpretación de proteinograma.

Tema 24. Funcións das lipoproteínas plasmáticas. Técnicas para a análise do colesterol. Análise de triglicéridos. Método analítico para o estudo de HDL e LDL.

Tema 25. Enzimas: métodos de análise de enzimas en fluídos biolóxicos e patróns da alteración enzimática.

Tema 26. Tipos de marcadores tumorais. Estudo e determinación de marcadores tumorais en sangue. Marcadores tumorais máis utilizados. Neoplasias e marcadores tumorais.

Tema 27. Anatomía e fisioloxía hepática. Determinacións analíticas para o estudo da función hepática. Marcadores séricos da enfermidade hepática.

Tema 28. Anatomía e fisioloxía endócrina. Probas analíticas para o estudo da función endócrina. Marcadores séricos da enfermidade endócrina.

Tema 29. Estudo das feces: características organolépticas das feces e determinación de substancias eliminadas polas feces. Estudo da urina: fisiopatoloxía da urina e determinación de substancias eliminadas polas urina. Análise do sedimento urinario.

Tema 30. Farmacoloxía Clínica: conceptos xerais, monitorización de fármacos: fármacos cardioactivos, antibióticos, antiepilépticos, antipsicóticos, antineoplásicos e outros. Toxicoloxía clínica. Detección de drogas de abuso. Alcois: etanol. metanol e outros.

Tema 31. Técnicas «rápidas» nun laboratorio de urxencias de resposta inmediata.

Tema 32. Nocións básicas de informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Técnico/a superior en radioterapia

Tema 1. Servizo de radioterapia: estrutura, organización e funcións. Servizo de admisión, atención ao paciente e documentación clínica.

Tema 2. Concepto de asepsia, antisepsia, esterilización e desinfección. Concepto de saúde e enfermidade. A infección hospitalaria: medidas preventivas no servizo de radioterapia.

Tema 3. Relación técnico especialista-paciente. Técnicas de comunicación e habilidades sociais. Problemática e atención de pacientes afectados de discapacidade física ou psíquica, pacientes senís e pacientes oncolóxicos. Técnicas de mobilización de pacientes.

Tema 4. Primeiros auxilios no servizo de radioterapia. Actuacións ante situacións de emerxencia: parada cardíaca, hemorraxias, reaccións alérxicas e responsabilidade do técnico especialista en radioterapia.

Tema 5. Criterios de calidade en radioterapia. Control de calidade dos instrumentos de medida. Control de calidade en aspectos clínicos. Control de calidade do equipamento. Programa de mantemento.

Tema 6. Física das radiacións: conceptos e tipos de radiacións ionizantes. Interación das radiacións ionizantes coa materia. Fontes e equipamentos xeradores de radiacións ionizantes utilizadas nas unidades de radioterapia. Magnitudes e unidades radiolóxicas.

Tema 7. Detección e medida das radiacións: fundamentos. Detectores utilizados nas instalacións de radioterapia. Dosimetría ambiental e persoal.

Tema 8. Radiobioloxía: radiosensibilidade, resposta celular sistémica e orgánica. Efectos xenéticos e somáticos da radiación.

Tema 9. Protección radiolóxica: protección radiolóxica operacional. Regulamento da protección sanitaria fronte ás radiacións ionizantes.

Tema 10. Equipamentos de radioterapia externa: acelerador lineal de electróns, unidade de telecobaltoterapia.

Tema 11. Equipamentos de braquiterapia: braquiterapia de alta taxa; braquiterapia de baixa taxa. Características físicas das fontes radioactivas.

Tema 12. Xestión de material radioactivo: recepción, almacenamento e manipulación. Xestión de residuos radioactivos nas unidades de radioterapia.

Tema 13. Características xerais dos tumores.

Tema 14. Técnicas de localización e delimitación do volume branco.

Tema 15. Técnicas de localización e tratamento en maxilofacial e otorrinolaringoloxía.

Tema 16. Técnicas de localización e tratamento en dixestivo, fígado e páncreas.

Tema 17. Técnicas de localización e tratamento en mama e xinecoloxía.

Tema 18. Técnicas de localización e tratamento en óseo e partes brandas. Tratamentos paliativos: síndrome de vea cava, compresión medular e metástase cerebral.

Tema 19. Técnicas de localización e tratamento no sistema nervioso central.

Tema 20. Técnicas de localización e tratamento en tumores hematolóxicos e linfáticos.

Tema 21. Técnicas de localización e tratamento en tumores infantís.

Tema 22. Técnicas de elaboración de complementos en radioterapia: tipos, materiais utilizados. Técnicas de elaboración e aplicacións. Técnicas de simulación e preparación de pacientes.

Tema 23. Técnicas de planificación dosimétrica en radioterapia externa: definición de termos, determinación da dose absorbida, fraccionamento da dose, concepto de tolerancia.

Tema 24. Braquiterapia endocavitaria: composición, equipamentos, instrumentación, características físicas das fontes radioactivas.

Tema 25. Braquiterapia endocavitaria: técnicas e aplicadores utilizados en implantes xinecolóxicos.

Tema 26. Braquiterapia intersticial: composición, equipamentos, instrumentación, características físicas das fontes radioactivas.

Tema 27. Braquiterapia intersticial: técnicas e aplicadores utilizados. O sistema de París.

Tema 28. Braquiterapia metabólica: características físicas das fontes radioactivas. Metabolismo dos radiofármacos. Descontaminación e tratamento dos residuos radioactivos.

Tema 29. Técnicas de planificación dosimétrica en braquiterapia: definición de termos, determinación da dose absorbida, fraccionamento das doses, concepto de tolerancia.

Tema 30. Plan de emerxencias nun servizo de Radioterapia. Accidentes previsibles. Prevención e protección das profesionais embarazadas.

Tema 31. Nocións básicas de informática: concepto de procesador de textos, base de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Tema 1. Concepto de calidade no sistema sanitario. Avaliación, garantía, mellora continua e calidade total. O ciclo avaliativo. Dimensións da calidade asistencial. Estrutura, proceso e resultado.

Tema 2. Actividades do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría nas institucións sanitarias. Coordinación entre niveis asistenciais. Concepto: coidados, necesidades básicas e autocoidados. O hospital e os problemas psicosociais e de adaptación do paciente hospitalizado.

Tema 3. Documentación sanitaria: clínica e non clínica. Sistemas de información: xeneralidades. Servizo de admisión e atención ao usuario: funcionamento. O consentimento informado: concepto. Principios fundamentais da bioética: dilemas éticos. O segredo profesional: concepto e regulación xurídica.

Tema 4. Prevención e promoción da saúde: concepto. Detección precoz de problemas de saúde: concepto. Prevención de accidentes no paciente. Inmunizacións: concepto. Vacinas: tipos, conservación e almacenamento. Educación para a saúde: concepto e técnicas didácticas.

Tema 5. Habilidades de comunicación e relación interpersoal. Apoio e axuda ao/á paciente e familia. Traballo en equipo.

Tema 6. Nocións básicas de informática: concepto do procesador de textos, bases de datos e correo electrónico. Intranet: concepto.

Tema 7. Necesidades de hixiene no/na neonato/a e adulto/a. Concepto. Hixiene xeral e parcial: da pel e capilar. Técnica de hixiene do/da paciente encamado/a: total e parcial. Técnica de baño asistido.

Tema 8. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ao/á paciente encamado/a: posición anatómica e aliñamento corporal. Procedementos de preparación das camas. Cambios posturais. Drenaxes e catéteres: manipulación e coidado. Técnicas de deambulación. Técnicas de mobilización e traslado.

Tema 9. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría na preparación do/da paciente para a exploración: posicións anatómicas e materiais médico-cirúrxicos de utilización máis común. Atención pre e post operatoria.

Tema 10. Constantes vitais: concepto. Procedemento de toma de constantes vitais. Gráficas e rexistros. Balance hídrico.

Tema 11. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría nas necesidades de eliminación: xeneralidades. Recollida de mostras: tipos, manipulación, características e alteracións. Sondaxes, ostomías, enemas: tipos, manipulación e coidados.

Tema 12. Procedementos de recollida e conservación para o transporte de mostras biolóxicas. Xestión de residuos sanitarios: clasificación, transporte, eliminación e tratamento.

Tema 13. Os alimentos: clasificación, hixiene e manipulación. Alimentación do/da lactante. Dietas terapéuticas: concepto e tipos. Vías de alimentación enteral e parenteral: concepto. Administración de alimentos por sonda nasogástrica.

Tema 14. Vías de administración dos medicamentos: oral, rectal e tópica. Precaucións para a súa administración. Condicións de almacenamento e conservación. Caducidade. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ao/á paciente con oxixenoterapia: métodos de administración de oxíxeno e precaucións.

Tema 15. Hixiene nos centros sanitarios: medidas de prevención da infección hospitalaria. Normas de seguridade e hixiene. Concepto de illamento no hospital: procedementos de illamento e prevención de enfermidades transmisibles.

Tema 16. Concepto: infección, desinfección, asepsia e antisepsia. Desinfectantes e antisépticos: mecanismos de acción dos desinfectantes. Métodos de limpeza e desinfección do material e instrumental sanitario. Cadea epidemiolóxica da infección nosocomial. Barreiras hixiénicas. Consecuencias das infeccións nosocomiais. Esterilización: concepto. Métodos de esterilización segundo os tipos de material. Tipos de controis. Manipulación e conservación do material estéril.

Tema 17. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ao/á enfermo/a terminal. Apoio ao/á coidador/a principal e familia. Coidados post mortem.

Tema 18. Úlceras por presión: concepto. Proceso de formación, zonas e factores de risco. Medidas de prevención.

Tema 19. Primeiros auxilios en situacións críticas: politraumatizados, queimados, shock, intoxicación, feridas, hemorraxias, asfixias. Concepto de urxencias e emerxencias. Reanimación cardiopulmonar básica. Mantemento e reposición do material necesario (carro de parada).

Tema 20. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ao/á enfermo/a con problemas de saúde mental. Atención do/da técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría ao/á enfermo/a con problemas de toxicomanías (alcoholismo e drogodependencias). Técnicas de inmobilización.

Tema 21. Atención e coidados na persoa anciá. Concepto de ancianidade, cambios físicos asociados ao envellecemento. Apoio á promoción da saúde e educación sanitaria. Medidas de apoio á persoa coidadora do/da ancián/á dependente. Atención ao/á paciente con demencia.

Tema 22. Aplicación local de frío e calor: indicacións. Efectos sobre o organismo. Procedementos e precaucións.

Técnico/a en farmacia

Tema 1. Educación para a saúde: concepto de saúde e enfermidade. Indicadores de saúde. Prevención da enfermidade. Programas de prevención da saúde: conceptos, obxectivos xerais, planificación das etapas do programa. Estratexias e tecnoloxía educativa. Promoción da saúde.

Tema 2. Educación sanitaria. Hixiene: hixiene persoal, hixiene da alimentación, hixiene mental, hixiene sexual. Infección e profilaxe: concepto, mecanismo de defensa ante as infeccións, enfermidade infecciosa, profilaxe e terapéutica.

Tema 3. Lexislación farmacéutica e de relación coa asistencia ao paciente: Lei de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios. Lei de ordenación farmacéutica de Galicia. Real decreto 175/2001, do 23 de febreiro, polo que se aproban as normas de correcta elaboración e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais. Lei de autonomía do paciente (Lei 41/2002, do 15 de novembre), Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Tema 4. Organizacións farmacéuticas: Oficinas de farmacia. Farmacia hospitalaria. Almacéns de distribución. Laboratorios farmacéuticos. Colexios oficiais de farmacéuticos.

Tema 5. Medicamentos: Definicións e tipos. Clasificación anatómica, terapéutica e química. Xeneralidades: Mecanismo de acción e efectos. Definicións e tipos. Especialidades farmacéuticas xenéricas (EFX), Especialidades farmacéuticas publicitarias (EFP), estupefacientes e psicotropos, medicamentos en situacións especiais: medicamentos extranxeiros, uso compasivo ou utilizados en condicións non establecidas na súa ficha técnica. Medicamentos de especial control médico. Medicamentos de diagnóstico hospitalario e uso hospitalario. Mostras para investigación clínica. Etiquetaxe, prospecto e ficha técnica. Aplicacións informáticas de bases de datos do medicamento.

Tema 6. Fórmulas maxistrais e preparados oficinais: conceptos xerais. Normas de correcta elaboración e control da calidade. Abreviaturas utilizadas en formulación maxistral. Formulario nacional. Materias primas. Excipientes de uso máis frecuente en farmacia galénica. Ensaios para o recoñecemento e control de calidade de materias primas. Ensaios e control de calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais. Envases para formas farmacéuticas: tipos, usos e simboloxía. Envasado e etiquetaxe. Identificación, conservación e rexistro de fórmulas maxistrais e preparados oficinais.

Tema 7. Acondicionamento dos medicamentos: conceptos xerais. Material de acondicionamento. Siglas e símbolos do acondicionamento. Control de calidade do material de acondicionamento. Lexislación sobre material de acondicionamento.

Tema 8. Farmacodinamia e farmacocinética: acción farmacolóxica dos medicamentos. Clasificación. Factores que modifican a acción farmacolóxica. Concepto de farmacocinética. Liberación. Absorción. Distribución. Metabolización. Excreción ou eliminación.

Tema 9. Pautas de administración de medicamentos. Dosificación dos fármacos: tipos de doses, relación dose-efecto, factores que interveñen na dosificación. Contraindicacións. Interacións farmacolóxicas. Reaccións adversas dos medicamentos. Tarxeta amarela. Alertas farmacéuticas. Tipos: seguridade, calidade. Sistema SINASP.

Tema 10. Formas farmacéuticas e vías de administración dos medicamentos: conceptos xerais. Vías de administración de medicamentos: oral, tópica, parenteral, respiratoria, rectal, vaxinal, uretral, oftálmica e ótica. Formas farmacéuticas segundo a vía de administración.

Tema 11. Farmacia hospitalaria: servizo de farmacia hospitalaria. Áreas ou zonas que a integran. Sistemas de distribución intrahospitalaria de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos: reposicións de caixas de primeiros auxilios, sistemas de dispensación de medicamentos en doses unitarias (SDMDU), sistemas de dispensación automatizada. Ordes hospitalarias de dispensación. Dispensación de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos a pacientes ambulatorios: normativa legal. Aplicacións informáticas de distribución e dispensación dos produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos. Asistencia ao farmacéutico na xestión de medicamentos en ensaio clínico: normativa legal. Asistencia ao farmaceutico na atención ao paciente ambulatorio, ao paciente de hospitales de día.

Tema 12. Sistemas de almacenaxe e condicións de conservación de produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos segundo as súas características. Códigos farmacéuticos identificativos dos produtos farmacéuticos e parafarmacéuticos. Ordenación dos produtos. Xestión de existencias. Control de caducidades. Procedemento de devolución de produtos caducados consonte a normativa. Retirada de produtos por alerta sanitaria. Eliminación dos produtos segundo o sistema integral establecido. Aplicacións informáticas de xestión e control de almacén.

Tema 13. Laboratorio farmacéutico: conceptos xerais. Material de uso frecuente. Equipamentos de laboratorio. Posta a punto e mantemento dos equipamentos e dos materiais. Procedementos de limpeza, desinfección, conservación e esterilización do material e equipamentos. Control de calidade de material e equipamentos.

Tema 14. Operacións farmacéuticas básicas: conceptos xerais. Pesada con balanzas electrónicas de precisión. División de sólidos. Peneiramento. Homoxeneización de compoñentes. Extracción mediante disolventes. Destilación. Evaporación. Pulverización. Peneiramento. Mestura. Desecación. Liofilización. Filtración. Granulación. Esterilización. Sistemas dispersos homoxéneos: disolucións. Sistemas dispersos heteroxéneos: emulsións, suspensións e aerosois.

Tema 15. Análises clínicas. Mostras biolóxicas: tipos, obtención, conservación e manipulación. Preparación e conservación das mostras. Material de laboratorio de análise. Equipamentos e instrumentos básicos. Reactivos de uso máis frecuente. Métodos analíticos básicos. Eliminación de residuos segundo a normativa ambiental.

Tema 16. Conceptos físico-químicos básicos e aplicación no laboratorio de farmacia. Magnitudes e unidades de medidas: masa, tempo, temperatura, volume, presión, densidade, viscosidade e pH.

Tema 17. Instrumentos de medidas ópticas: concepto de espectrofotometría. Fotómetro e espectrofotómetro. Microscopio óptico: fundamento, características e manexo.

Tema 18. Produtos parafarmacéuticos: Produtos sanitarios e biocidas de uso humano. Dermofarmacia. Preparados dietéticos. Clasificación, aplicacións e características dos produtos parafarmacéuticos. Regulación comunitaria dos produtos sanitarios. Material de acondicionamento dos produtos sanitarios. Aplicacións informáticas de bases de datos de parafarmacia.

Tema 19. Seguridade e prevención de riscos no laboratorio de farmacia. Riscos biolóxicos. Riscos químicos. Riscos físicos.

Os temas incluídos nos distintos programas, relativos a aplicacións informáticas, irán referidos ás versións vixentes na data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se procede ao nomeamento dos tribunais de cualificación.

ANEXO III
Exercicios

1º exercicio (eliminatorio):

Consistirá na realización, en unidade de acto, dun único exercicio, con dúas partes diferenciadas, nun prazo máximo de 180 minutos:

1. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de contido teórico da parte específica do programa.

2. Contestación por escrito de 50 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 5 preguntas de reserva, de supostos prácticos sobre os temas da parte específica do programa con contido relacionado coas competencias profesionais da categoría.

Este exercicio será valorado de 0 a 50 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Para superar este exercicio deberá alcanzarse unha puntuación do 50 % do valor deste.

2º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, sobre o contido da parte común do programa do anexo II (temas 1 ao 8, inclusive), nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

3º exercicio (obrigatorio non eliminatorio):

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 10 preguntas tipo test con catro respostas alternativas, máis 2 preguntas de reserva, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega, nun prazo máximo de 15 minutos.

Este exercicio será valorado de 0 a 5 puntos.

As respostas correctas puntuarán positivamente, as non contestadas non terán valoración ningunha e as contestadas erroneamente serán penalizadas co cuarto do valor asignado á contestación correcta.

Estarán exentos da realización deste exercicio os/as aspirantes que acrediten posuír o Celga 3 (categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia) e Celga 4 (restantes categorías), ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego, de conformidade co establecido na disposición adicional segunda da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega), aos que se lles asignarán 5 puntos.

ANEXO IV
Baremos

Categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional

1. Formación: 20 % (8 puntos).

1.1. Académica:

a) Estudos da correspondente diplomatura ou grao:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos

– Por cada sobresaliente: 1 punto

– Por cada notable: 0,5 puntos

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,5 Cn + 1 Cs + 1,5 Cmh

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

b) Posgrao.

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 1,5 puntos.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 5 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos.

4. Máster universitario oficial, máster universitario –título propio, experto universitario, especialista universitario no ámbito das ciencias da saúde:

4.1. En caso de estar computado en créditos ECTS:

Título oficial: 0,05 puntos/crédito.

Título propio: 0,025 puntos/crédito.

4.2. En caso de estar computado en horas:

Título oficial: 0,005 puntos/hora.

Título propio: 0,0025 puntos/hora.

A titulación de máster debe rexistrala o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.

Os números b.1) e b.2) son excluíntes entre si.

c) Docencia universitaria impartida no ámbito das ciencias da saúde: 0,5 puntos/curso académico, ata un máximo de 3 puntos.

1.2. Continuada:

1) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta, acreditados por algún dos seguintes:

a) Comisión de Formación Continuada do Sistema nacional de saúde, créditos CFC.

b) Consello Internacional de Enfermaría (CIE), créditos CIFCE.

c) European Accreditation Council for CME (EACCME), Créditos ECMEC, Créditos de la EACCME ou Créditos CME de la UEMS.

d) American Medical Association, créditos AMA PRA categoría 1.

2) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

3) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta.

– Por crédito CFC: 0,30 puntos.

– Por hora, crédito CIFCE, ECMEC ou AMA PRA categoría 1: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartiran cursos de formación continuada será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría a que se opta.

Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías, con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares, agás que estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema nacional de saúde ou pola Comisión Autonómica.

2. Experiencia: 70 % (28 puntos).

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,30 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,15 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,05 puntos/mes.

Para estes efectos, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional os servizos prestados nas categorías de licenciado sanitario, diplomado sanitario, sanitario de formación profesional, traballador/a social, celador/a e persoal de servizos xerais.

Normas xerais de valoración.

Primeira

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada parte do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas partes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias, computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda

A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título exixido para o acceso á categoría.

Terceira

Os servizos prestados durante o período en que se desfrute dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período, a/o interesada/o acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa. O período de formación para a obtención do título de especialista, non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais en dita categoría.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

A) Polo título dunha ou varias especialidades de enfermaría recoñecidas na normativa vixente, que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa: 2 puntos.

B) Polo título dunha ou varias titulacións sanitarias recoñecidas no artigo 7 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, que non sexan requisito para o acceso á categoría en que se participa: 1 punto.

C) Por traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

C.1) Revistas científicas:

As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Pubmed, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL ou nalgunha das revistas indexadas en Cuiden que se relacionan no anexo VII. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

– Os artigos científicos (orixinal, orixinal breve, revisión sistemática e meta-análise) ponderaranse da seguinte forma, conforme o seu factor de impacto do Journal Citation Reports (JCR), vixente na data de publicación da convocatoria:

• Primeiro cuartil: 0,40 puntos.

• Segundo cuartil: 0,25 puntos.

• Terceiro e cuarto cuartil: 0,15 puntos.

• Revista indexada sen factor de impacto: 0,05 puntos.

– Outro tipo de publicacións (editoriais, cartas ou artigos de opinión, técnicas e procedementos):

• Primeiro cuartil: 0,10 puntos.

• Segundo cuartil: 0,05 puntos.

• Terceiro e cuarto cuartil: 0,02 puntos.

– No suposto de que á revista se lle atribúan diferentes cuartís en función da/s especialidade/s, asignarase sempre o cuartil máis alto.

– Non serán obxecto de valoración as notas clínicas, resumos de comunicacións e casos clínicos.

C.2) Libros ou capítulos de libros:

– Capítulo de libro: 0,10 puntos.

– Libro completo: 0,30 puntos.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.

Por non reunir a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así aprecie o respectivo órgano de selección.

Por ser obxecto de valoración tal mérito noutra parte do baremo, non se lle asignará ningunha puntuación nesta epígrafe ás publicacións de teses doutorais.

Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas cales este figure como editor.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación da cal, da documentación presentada pola/o aspirante, quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que interveñen un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro en que interveñan catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

Normas comúns de valoración de libros e revistas.

– En ningún caso, un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación, o coordinador, director e outros colaboradores.

D) Premios de investigación.

Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, premios a comunicacións en congresos científicos e premios de recoñecido prestixio a traxectorias científicas, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto.

Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

Premio de ámbito nacional: 0,10 puntos.

E) Participación en proxectos de investigación.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación financiados por organismos públicos:

a) Como investigador principal:

i. Proxectos internacionais: 2 puntos.

ii. Proxectos nacionais: 1 punto.

iii. Proxectos autonómicos: 0,30 puntos.

b) Como investigador colaborador:

i. Proxectos internacionais: 1 punto.

ii. Proxectos nacionais: 0,30 puntos.

iii. Proxectos autonómicos: 0,10 puntos.

Por cada participación en proxectos de investigación ou innovación en convocatorias competitivas financiados por organismos privados nacionais ou internacionais:

iv. Como investigador principal: 0,30 puntos.

Para os efectos deste baremo, os proxectos de investigación non competitivos non serán baremables.

Non se considerarán parte do equipo investigador o persoal contratado a cargo do proxecto nin as colaboracións puntuais nel.

F) Estadías formativas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Para os efectos deste proceso selectivo teñen a condición de centros de investigación os centros receptores en que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidade, organismos públicos de investigación (OPIS) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración pública española ou estranxeira, que conten con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

G) Patentes:

– Solicitada e aceptada: 1 punto.

– En explotación: 2 puntos.

H) Por ter completado o programa de formación en investigación Río Hortega para profesionais que teñan finalizado a súa formación sanitaria especializada: 1 punto.

Este mérito debe rexistralo electronicamente o/a aspirante en Fides/expedient-e, na epígrafe de Outros méritos.

Categorías de técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia

1. Formación: 20 % (8 puntos).

1.1. Académica:

a) Estudos da correspondente formación profesional:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

– Por cada sobresaliente: 1 punto.

– Por cada notable: 0,5 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,5 Cn + 1 Cs + 1,5 Cmh

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos cales, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

1.2. Continuada:

1. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría á que se opta, acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema nacional de saúde, créditos CFC.

2. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

3. Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría e que estean dirixidos directamente á categoría a que se opta.

– Por crédito CFC: 0,30 puntos.

– Por hora: 0,030 puntos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen cursos de formación continuada será de 0,060 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste.

Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría a que se opta.

Os cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en todas as categorías, con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso a estas, cunha puntuación máxima de 4 puntos.

Non serán obxecto de valoración os diplomas relativos á realización de xornadas, seminarios, simposios, talleres ou similares, agás que estean debidamente acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema nacional de saúde ou pola Comisión Autonómica.

2. Experiencia: 70 % (28 puntos).

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,30 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza ou en programas de cooperación internacional debidamente autorizados ao servizo de organizacións de cooperación internacional: 0,15 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados na categoría por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza: 0,05 puntos/mes.

Para estes efectos, terán a consideración de servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional os servizos prestados nas categorías de licenciado sanitario, diplomado sanitario, sanitario de formación profesional, traballador/a social, celador/a e persoal de servizos xerais.

Normas xerais de valoración.

Primeira

Os meses serán computados por días naturais.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada parte do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada punto será o cociente enteiro, despreciándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural, poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso, un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas partes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias, computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas en devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda

A experiencia profesional valorarase a partir da data de superación do período formativo conducente á obtención do título exixido para o acceso á categoría.

Terceira

Os servizos prestados durante o período en que se disfrute dunha redución de xornada para o coidado de familiares, serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando nun mesmo período, a/o interesada/o acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa. O período de formación para a obtención do título de especialista, non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais na dita categoría.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

A) Polo título oficial dunha ou varias titulacións de formación profesional da rama sanitaria, que non sexan requisito para o acceso á categoría na cal se participa sempre que teñan, cando menos, o mesmo nivel académico que o exixido para o acceso á categoría: 2 puntos.

B) Por traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde, apreciados libremente polo tribunal conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

B.1) Revistas científicas:

As publicacións deben pertencer a revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Pubmed, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL ou nalgunha das revistas indexadas en Cuiden que se relacionan no anexo VII. Non serán obxecto de valoración as publicacións realizadas en revistas non indexadas nas bases de datos referidas.

– As publicacións ponderaranse da seguinte forma, conforme o seu factor de impacto do Journal Citation Reports (JCR), vixente na data de publicación da convocatoria:

• Primeiro cuartil: 0,40 puntos.

• Segundo cuartil: 0,25 puntos.

• Terceiro e cuarto cuartil: 0,15 puntos.

• Revista indexada sen factor de impacto: 0,05 puntos.

– No suposto de que á revista se lle atribúan diferentes cuartiles en función da/s especialidade/s, asignarase sempre o cuartil máis alto.

B.2) Libros ou capítulos de libros:

– Capítulo de libro: 0,10 puntos.

– Libro completo: 0,30 puntos.

Só terán a consideración de libro aquelas publicacións cun mínimo de 49 páxinas. Para a súa valoración, a publicación debe estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Non terán a consideración de libro aínda que adopten esta forma de edición as actas de congreso.

Por non reunir a condición de traballo científico e de investigación non serán obxecto de valoración os libros/capítulos editados como glosario, anuario, manuais de preparación para o acceso á formación sanitaria especializada e ao emprego público, cursos de formación continuada, protocolos de servizo, libros de casos clínicos, sesións interhospitalarias e demais que así se aprecien polo respectivo órgano de selección.

Por ser obxecto de valoración tal mérito noutra parte do baremo, non se lle asignará ningunha puntuación nesta epígrafe ás publicacións de teses doutorais.

Non serán obxecto de valoración as autoedicións e/ou autopublicacións, entendendo por tales aquelas publicacións financiadas ou promovidas por algún dos seus autores ou nas que este figure como editor.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación que, da documentación presentada pola/o aspirante quede suficientemente acreditada a participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación na cal interveñen un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro nos cales interveñan catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

Normas comúns de valoración de libros e revistas.

– En ningún caso, un mesmo contido determinado e obxectivable publicado baixo diferentes formas e en diferentes publicacións poderá ser obxecto de máis dunha valoración.

– Non serán obxecto de valoración as publicacións de carácter divulgativo.

Para os efectos deste baremo, non terán a consideración de autor da publicación, o coordinador, director e outros colaboradores.

C) Por cada premio a comunicacións en congresos científicos, outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto.

– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

– Premio de ámbito nacional ou autonómico: 0,10 puntos.

ANEXO V
Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

Acreditarase, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo aspirante e data na cal foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro (UE) achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada del ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e documento de homologación ou validación expedido polo Ministerio de Educación Español.

O expediente académico e cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

Supostos específicos.

a) A acreditación da formación máster efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da Universidade na cal conste ter sido superada polo/a aspirante a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTs asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirírselle á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditado a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) A docencia universitaria impartida acreditarase mediante certificación da respectiva universidade na cal se fará constar expresamente o cargo docente, tipo de vinculación, departamento ou área de coñecemento na cal se impartiu a docencia e datas de inicio e fin da vinculación.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado o mérito.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso en que deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu dita actividade formativa, as datas de realización, contido do curso e número de créditos e/ou horas asignados. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinatarias.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou Autonómica de Formación Continuada deberá constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu dita actividade formativa, título da actividade formativa, as datas de realización, número de créditos e/ou horas asignados, logotipo da respectiva comisión e ademais o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que conste o número de créditos, número de expediente e logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos ademais aqueles diplomas asinados dixitalmente por Dixital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa que conterá toda a información exixida nesta epígrafe.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro das ditas datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección reserva para si o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b) Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante na cal deberá constar o contido da actividade formativa así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

c) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa na cal deberá constar a información arriba indicada, ou contrato laboral. En ambos os dous supostos xunto coa citada documentación deberá achegarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas deberá quedar debidamente acreditado no certificado a existencia dun concerto co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á consellería de sanidade así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

d) Publicación de traballos científicos e de investigación

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Revistas científicas indexadas no CSIC (ICYT, ISOC), IBECS, Web of Knowledge (Wos), Embase, PsycINFO, CINAHL e Cuiden. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa compulsada ou autenticada pola editorial responsable ou organismo público con competencias en xestión e arquivo de publicacións. Na certificación ou copia impresa deberá constar o nome da revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libro editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, editorial, o seu depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivo de publicacións, na cal se fará constar a autoría do capítulo e demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

e) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Proxectos de investigación

A participación como investigador principal no proxecto de investigación acreditarase mediante copia da publicación oficial da resolución de convocatoria, sempre que consten os datos necesarios para identificar o proxecto e o investigador, ou certificado de participación expedido polo organismo financiador, no cal consten os datos identificativos do interesado e do proxecto en que participa.

A participación como investigador colaborador acreditarase mediante a presentación da copia de resolución de convocatoria se nela consta tal participación. O/a aspirante deberá constar como parte do equipo investigador definido no documento de solicitude do proxecto ou en documento posterior que así o acredite no caso de que haxa cambios no equipo investigador ao longo da súa vixencia.

No suposto de que o organismo convocante non expida certificados de participación deberá achegarse certificado asinado polo investigador principal no cal conste a identidade do/s colaborador/es, notificación acreditativa de concesión do proxecto ao investigador principal expedida polo organismo e copia do proxecto orixinal enviado a convocatoria en que deberá constar a identidade dos investigadores colaboradores.

g) Estadías formativas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía (director do centro) na cal se faga constar o obxecto da estadía e as datas de inicio e fin.

Non serán tidas en conta as rotacións externas realizadas, se é o caso, durante o período formativo dunha especialidade.

h) Patentes

As patentes solicitadas e aceptadas acreditaranse coa inscrición no Rexistro de Patentes.

As patentes que se encontren en explotación acreditaranse coa achega do acordo de explotación da patente

i) Programa de formación en investigación Río Hortega

Este mérito deberá rexistrarse electronicamente polo/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de Outros méritos.

Acreditarase este mérito mediante contrato de traballo asinado entre o candidato e a entidade beneficiaria, xunto ao cal se achegará informe de vida laboral expedido polo INSS

j) Compulsa de documentos

As copias dos documentos orixinais acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar compulsadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

k) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución ao castelán ou galego, que deberá efectuarse:

a) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Por calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) Pola representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

ANEXO VI
Instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides)

A Oficina Virtual do Profesional (Fides) constitúe o punto de encontro telemático entre o Servizo Galego de Saúde e os/as profesionais cos que mantén unha vinculación, así como coas persoas aspirantes e profesionais doutros servizos de saúde que participen nos procesos de selección e provisión de prazas convocados por este organismo, configurándose como a plataforma de acceso ao expediente electrónico do/da profesional ou aspirante.

O acceso a Fides, poderase realizar desde:

– Internet (profesionais do Servizo Galego de Saúde e procedentes doutros servizos autonómicos de saúde).

– A intranet do Servizo Galego de Saúde (só dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na rede corporativa).

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Os profesionais do Servizo Galego de Saúde así como os que procedan doutro servizo de saúde autonómico poderán acceder desta forma a Fides a través do enderezo
http://fides.sergas.es .

É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es), ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o usuario xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do usuario mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dunha lectora de tarxetas. Non se requirirá lectora de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipamento.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención especializada e atención primaria do organismo.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os/as profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde, así como aqueles profesionais procedentes doutros servizos de saúde que nalgún momento do pasado tiveran algún tipo de vinculación co citado organismo, serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo, así como ao resto de funcionalidades existentes na Oficina Virtual do Profesional (Fides).

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo co Servizo Galego de Saúde serán, tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a Fides, solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a Fides desde a internet sen certificado dixital efectuarase a través do enderezo http://fides.sergas.es .

Esta forma de acceso non estará habilitada para aqueles profesionais actualmente vinculados ao Servizo Galego de Saúde. Unicamente os profesionais que tiveron no pasado algún vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde ou aqueles que nunca mantiveron relación profesional con este organismo poderán elixir esta forma de acceso ao sistema.

Por motivos de seguridade e de protección de datos, este tipo de acceso ten limitadas as funcionalidades do servizo ás cales se pode acceder. Así, aínda sendo posible acceder a determinados servizos, resulta recomendable optar polo acceso mediante certificado dixital, por resultar o método que ofrece as debidas garantías en canto á seguridade dos datos e permite o acceso a todas as funcionalidades de Fides.

Para acceder sen certificado dixital é necesario solicitar unha conta de usuario, formada por un identificador único e un contrasinal secreto. Os pasos para conseguir unha conta de usuario son os seguintes:

– Paso 1: desde a pantalla principal de Fides, na epígrafe de Acceso sen certificado, premer no enlace de acceso ao proceso de rexistro.

– Paso 2: cubrir debidamente o formulario e aceptar as condicións de uso. Neste formulario realizaranse unha serie de preguntas en función de se se tivo ou non algunha vez algún tipo de vinculación co Servizo Galego de Saúde, que haberá que responder correctamente para consolidar con éxito o proceso de alta.

No caso de non responder correctamente ás preguntas, o sistema enviará ao correo electrónico do usuario indicado no formulario, un código que o interesado terá que presentar persoalmente nun dos PAE (punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros do organismo, xunto cun documento de identificación válido.

No caso de finalizar o proceso de alta correctamente, enviarase unha mensaxe de confirmación ao interesado, ao enderezo de correo electrónico indicado no formulario, e tras a confirmación por parte do usuario, unha segunda mensaxe vía e-mail cos datos de acceso a Fides.

– Paso 3: cubrir os recadros de usuario e contrasinal de Fides, na epígrafe de Acceso sen certificado. A primeira vez que accedamos a Fides tras o proceso de alta, o sistema solicitaranos que cambiemos o contrasinal por motivos de seguridade.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nalgún momento do pasado tivesen algún vínculo co Servizo Galego de Saúde, serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo. A través deste tipo de acceso, non se poderá acceder ao resto de funcionalidades de Fides que, pola contra, sí están dispoñibles no acceso con certificado dixital.

Os servizos que, a través desta forma de acceso, terán dispoñibles os profesionais que nunca tiveron un vínculo laboral co Servizo Galego de Saúde, serán tanto o acceso á xestión do expediente electrónico como a inscrición electrónica no concurso de traslados e demais procesos de selección e provisión de prazas que convoque este organismo.

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados físicamente na rede corporativa do citado organismo.

Os/as profesionais cun vínculo activo terán, mediante este sistema, acceso á totalidade de servizos e funcionalidades de Fides, incluído o acceso á xestión do expediente electrónico e á inscrición electrónica no proceso de concurso de traslados.

O acceso a Fides realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na sede electrónica do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura á disposición dos concursantes un manual de instrucións sobre o acceso e funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados nos que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación a achegar.

4. Caixa de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación a este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es .

ANEXO VII
Revistas incluídas en Cuiden

Título da revista

Abreviatura

ISSN

ACTA Paulista de Enfermagem

Acta Paul Enferm –Bra–

0103-2100

Anales de la Escuela Universitaria de Ciencias de la Salud de Zaragoza

Anal Cienc Salud

1139-7101

Aquichán

Aquichán

1657-5997

Archivos de la Memoria

Arch Memoria

1699-602X

Avances en Enfermería

av.enferm. –Col–

0121-4500

Biblioteca Lascasas

Biblioteca Lascasas

1885-2238

Boletín Informativo de la Sociedad Española de Enfermería en Cardiología

AEC

1134-8054

Boletín Informativo de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

BISEDEN

1131-4710

Ciber Revista: enfermeriadeurgencias.com

Ciber Revista –Esp–

1579-5527

Ciencia y Enfermería

Cienc enferm –Chi–

0717-2079 ISSN

0717-9553 (en liña)

Ciência, Cuidado e Saúde

Ciência, Cuidado e Saúde

1677-3861

Clinical Effectiveness in Nursing

CEIN

1361-9004

Clínicas de Enfermería de Norteámerica

Clin Enferm Norteamérica

968-25-1751-6

Cogitare Enfermagem

Cogitare Enferm

1414-8536

Comunicación Enfermera

Comunic Enferm

1135-4259

Cuestiones de Fisioterapia

Cuest Fisiot –Esp–

1135-8599

Cuidando la Salud

Cuid Salud

1696-1005

Cultura de los Cuidados

Cul Cuid

1138-1728

Cultural Dynamics

CD

0921-3740

Desarrollo Científico de Enfermería

Desarrollo Científ Enferm –Méx–

1405-0048

e-ducare21. Revista electrónica de formación enfermera

Educare21 –Esp–

1696-820 (2005) 14582-214 (2006)

EGEH. Enfermería en Gastroenterología y Hepatología

EGEH

1578-4533

Enfermagem em Foco

Enferm Foco

2177-4285

Enfermería Actualidad

Enferm Actualidad

1135-4097

Enfermería Científica

Enferm Científ

0211-9005

Enfermería Clínica

Enferm Clínica

1130-8621

Enfermería Comunitaria. Revista internacional de cuidados de salud familiar y comunitaria

Enferm Comunitaria (Gran)

1699-0641

Enfermería Docente

Enferm Docente –Esp–

1131-2335

Enfermería en Anestesia-Reanimación y Terapia del dolor

Enferm Anest

1579-8240

Enfermería en Cardiología

Rev Enferm Cardiol

1575-4146

Enfermería Global

Enferm Global

1695-6141

Enfermería Integral

Enferm Integral

0214-0128

Enfermería Intensiva

Enferm Intensiva

1130-2399

Enfermería Nefrológica. Revista Oficial de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

Enferm Nefrol

2254-2884

Enfermería Oncológica

Enferm Oncológica

1576-5520

Enfermería Radiológica

Enferm Radiológica

1137-5698

Enfermería universitaria

Enferm Universitaria

1665-7063

Enfuro

Enfuro

0210-9476

Escola Anna Nery Revista de Enfermagem

Esc. Anna Nery R. Enferm. –Bra–

1414-8145

European Journal of Oncology Nursing

Eur J Oncol Nurs

1462-3889

Evidentia. Revista de Enfermería Basada en la Evidencia

Evidentia

1697-638X

Excelencia Enfermera

Excel Enferm

1698-0530

Garnata 91

Garnata

1134-1858

Gerokomos

Gerokomos

1134-928X

Graduate Research in Nursing

Grad Res Nurs

1527-0009

Híades

Híades

1134-5160

Historia da Enfermagem-Revista Electrónica

HERE

2176-7475

Hospital

Hospital

1374-321X

Hygia (Sevilla)

Hygia

1137-7178

Hygia de Enfermería

Hygia de Enfermería

1.576-3056

Iaso. Revista Científica del Colegio Oficial de Enfermería de Almería

Iaso

1135-4828

Index de Enfermería (edición digital). Información Bibliográfica, Investigación y Humanidades

Index Enferm

1699-5988

Index de Enfermería. Información Bibliográfica, Investigación y Humanidades

Index Enferm

1132-1296

Inquietudes

Inquietudes

papel 1135-2086 digital 2254-7266

International Emergency Nursing

IEN

1755-599X

International Journal of Nursing Studies

IJNURSTU

0020-7489

International Nursing Review (en español)

Int Nursing Rev

1577-9378

Investigación en enfermaría: imagen y desarrollo

Inv Enf

0124-2059
impreso 128X en liña

Investigación y Educación en Enfermería

Invest Educ Enferm –Col–

0120-5307

Issues in Mental Health Nursing

IMHN

0161-2840

Journal of Child and Adolescent Psychiatric Nursing

JCAPN

1073-6077

Journal of Community Nursing

JCN

0263-4465

Journal of Neuroscience Nursing

JNN

0888-0395

Journal of Nursing Education

JNE

0148-4834

Journal of Nursing Scholarship

JNS

1527-6546

Matronas Profesión

Matronas Prof

1578-0740

MEDWAVE- Enfermería

Medwave –Chi–

0717-6384

Metas de Enfermería

Metas Enferm

1138-7262

Nosocomio

Nosocomio

3847

Notas de Enfermería

Not Enferm

1130-734X

Nure Investigación

Nure Inv

1697-218X

Nurse Education Today

NEDT

0260 6917

Nursing

Nursing –Ed esp–

0212-5382

Nursing Ethics

Nursing Ethics

0969-7330

Nursing Research

Nursing Research

0029-6562

Oncology Nurses Hoy

Oncology Nurses

1386-1301

Online Brazilian Journal of Nursing

OBJN

1676-4285

Paginasenferurg.com

Pag Enferurg

1989-2829

Paraninfo Digital

Rev Paraninfo Digital

1988-3439

Pensar Enfermagem

Pensar Enferm

0873-8904

Presencia. Revista de Enfermería de Salud Mental

Presencia

1885-0219

Public Health Nursing

PHN

0737-1209

Revista Baiana de Enfermagem

Rev Baiana Enferm

0102-5430

Revista Bioethikos

Rev Bioethikos

1981-8254

Revista Brasileira de Enfermagem

REBEn

0034-7167

Revista Científica de la Sociedad Española de Enfermería Neurológica

Rev Cient Soc Esp Enferm Neurol

2013-5246

Revista Colombiana de Enfermería

Rev Col Enf

1909-1621

digital 1665-7063

Revista Cubana de Enfermería

Rev Cubana Enfermer

0864-0319

Revista da Escola de Enfermagem Universidade da Sao Paulo (Revista da Escola de Enfermagem da USP)

Rev Esc Enferm USP –Bra–

0080-6234

Revista da Faculdade Santa Marcelina

Faculdade Santa Marcelina em Revista –Bra–

1806-5058

Revista de Enfermagem da UFSM

R. Enferm. UFSM

2179-7692

Revista de Enfermagem do Centro-Oeste Mineiro

R. Enferm. Cent. O. Min.

2236-6091

Revista de Enfermagem Referência

Referência

0874-0283

Revista de Enfermagem UFPE on Line

Rev Enferm UFPE On Line

1981-8963

Revista de Enfermería del Instituto Mexicano del Seguro Social

Rev Enferm IMSS –Méx–

0188-431X

Revista de enfermaría neurológica

Enf Neurol

1870-6592

Revista de Enfermería. Publicación de la Escuela Universitaria de Enfermería de Albacete

Enferm Univ Albacete

1131-7957

Revista de la Asociación Española de ATS en Urología

Rev AE ATS Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermeras en VIH/SIDA

Rev AE Enf VIH

1575-3549

Revista de la Asociación Española de Enfermería en Urología

Rev AE Enferm Urolog

0210-9476

Revista de la Asociación Española de Enfermería Quirúrgica

AEEQ

1885-2548

Revista de la Escuela de Enfermería La Fe de Valencia

Rev EUE La FE

1139-837X

Revista de la Sociedad Española de Enfermería Nefrológica

Rev Soc Esp Enferm Nefrol

1139-1375

Revista de la Sociedad Española de Enfermaría Radiológica

RSEER

1698-0301

Revista de Pesquisa: Cuidado é Fundamental Online

R de Pesq: cuidado é fundamental Online –Bra–

2175-5361

Revista de Pesquisa: Cuidado é Fundamental. Nursing & Research

R de Pesq: cuidado é fundamental –Bra–

1809-6107

Revista de Rede de Enfermagem do Nordeste

Rev RENE

1517-3852// electrónico: 2175-6783

Revista Eletrônica de Enfermagem

REE –Bra–

1518-1944

Revista ENE de Enfermería

Rev ENE Enferm

1988-348X 1198-348X

Revista Enfermagem UERJ

R Enferm UERJ

0104-3552

Revista Enfermería Actual en Costa Rica

REVENF

1409-4568

Revista Enfermería Herediana

Rev enferm Herediana

Versión impresa: 1998-5487

Versión digital:

2075-4000

Revista Ética de los Cuidados

Rev Etica Cuid

1988-7973

Revista Gaúcha de Enfermagem

Rev Gaúcha Enferm

0102-6933

Revista info-tr@um@. Asociación Española de Enfermería en Traumatología y Ortopedia

InfoTrauma

1698-5443

Revista Investigação em Enfermagem

Rev Investigação Enfermagem

0874-7695

Revista Latino-Americana de Enfermagem

Rev Latino-am Enfermagem –Bra–

0104-1169

Revista Mexicana de Enfermería Cardiológica

Rev Mex Enferm Cardiológica

1405-0315

Revista Mineira de Enfermagem

Reme –Bra–

1415-2762

Revista Nursing –edición brasileña–

Revista Nursing –Bra–

1415-8264

Revista Panamericana de Enfermería

Rev Panam Enferm –Méx–

1679-74851

Revista Paulista de Enfermagem

Rev Paul Enf

0100-8889

Revista Rol de Enfermería

Rev ROL Enferm

0210-5020

Revista Saúde coletiva

Saúde coletiva –Bra–

1806-3365

Revista Técnico-Científica de Enfermagem

RECENF

1677-7271

Revista Tesela. Revista de la Asociación Nacional de Directivos de Enfermería

Rev Tesela

1887-2255

RN (Revista de Formación Continuada en Enfermería)

RN

1132-6220

Salud y Ciencia

Sal Ciencia

1136-8845

Salut

Salut

0214-3631

SMAD Revista Eletrônica Saúde Mental Álcool e Droga

SMAD, Rev. Eletrônica Saúde Mental Álcool Drog

1806-6976

SOBECC, em Revista

Rev SOBECC

1414-4425

Temas de Enfermería

Temas de Enferm

1131-4338

Temas de Enfermería Actualizados

Temas Enferm Act

0328-5057

Temperamentvm

Temperamentvm

1699-6011

Texto & Contexto: Enfermagem

Texto Contexto Enferm

0104-0707

TOG. Revista Terapia Ocupacional Galicia

TOG –A Coruña–

1885-527X

Visión de Enfermería Actualizada

VEA

1669-385X

missing image file