Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 30 de xuño de 2015 Páx. 27265

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de xuño de 2015 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14, convocados pola Orde do 27 de febreiro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 12 de marzo).

A Orde do 27 de febreiro de 2015 (DOG do 12 de marzo), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14, establece as bases e o procedemento para a súa concesión.

Unha vez realizada a valoración das solicitudes presentadas polo xurado de selección designado pola Resolución do 30 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14 (DOG do 17 de abril) , publicados os resultados coas puntuacións obtidas polos candidatos e candidatas, resoltas as reclamacións presentadas, vistas a acta coa proposta definitiva do xurado de selección nomeado pola Resolución do 30 de marzo de 2015 (DOG do 17 de abril) e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2013/14

Sol.

Apelidos e nome

Familia

Cód. C.

Centro de estudos

Importe

4297

Álvarez Seoane, Déborah

Enerxía e auga

27006528

CIFP As Mercedes

850 €

5201

Bruña López, Roberto

Industrias alimentarias

36007552

CIFP A Granxa

850 €

4397

Castro Fernández, Javier

Artes gráficas

15021469

IES Leixa

850 €

4300

Fernández-Jardón Sánchez, Cristina C.

Téxtil, confección e pel

15027897

CIFP Paseo das Pontes

850 €

5196

Garea García, Iria

Química

15027770

IES A Sardiñeira

850 €

6023

Hernández Pérez, María de la Almudena

Marítimo-pesqueira

36020209

IGAFA Inst. Galego de For. en Acuicultura

850 €

4698

Losada Romero, Julio José

Servizos socioculturais e á comunidade

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

850 €

5906

Martínez Rodríguez, José Ramón

Instalación e mantemento

27012036

IES Gregorio Fernández

850 €

5798

Méndez González, Saray

Sanidade

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

850 €

5301

Molares Frías, Ana

Hostalaría e turismo

36020064

CIFP Carlos Oroza

850 €

5901

Mouzo Martínez, Isaac

Edificación e obra civil

15024513

CIFP Someso

850 €

4409

Muiña Pérez, Álvaro

Electricidade e electrónica

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

850 €

4797

Núñez Chao, María

Informática e comunicacións

27015773

IES Muralla Romana

850 €

4396

Ocampo Pena, Eva

Comercio e márketing

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

850 €

5640

Patiño Guillán, Francisco

Agraria

36020192

CFEA de Lourizán

850 €

6030

Paz Lema, Javier

Actividades físicas e deportivas

36000922

IES María Soliño

850 €

5299

Pena Regueira, Maite

Administración e xestión

27015773

IES Muralla Romana

850 €

5796

Rodríguez Pérez, José Manuel

Fabricación mecánica

15024513

CIFP Someso

850 €

5101

Solla Codina, Santiago

Transporte e mantemento de vehículos

36014489

CIFP A Xunqueira

850 €

4403

Vaquero González, Sara

Imaxe persoal

36018173

IES de Teis

850 €