Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 16 de xuño de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/124/2014-RP1, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 18 de maio de 2015 resolución pola que se declaran ilegalizables as obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación dunha casa prefabricada de madeira destinada a uso residencial, no lugar de Fontín, Covo, parroquia de Cubelas, no concello de Ribadeo, e se ordena a súa retirada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Eloy López Teijo, en calidade de copropietario do predio onde está instalada a casa prefabricada, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística