Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 2 de xullo de 2015 Páx. 27766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de funcionario interino de técnico de xestión de administración xeral.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 139, do 19 de xuño de 2015, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a unha praza de funcionario interino, técnico de xestión de administración xeral do Concello de Ribadeo.

De conformidade co previsto na base 7ª das referidas bases o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 19 de xuño de 2015

Fernando Suárez Barcia
Alcalde