Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 3 de xullo de 2015 Páx. 27855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muxía (expediente IN407A 2015/144-1).

Número de expediente: IN407A 2015/144-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTC Parador de Muxía.

Concello: Muxía

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,101 km, coa orixe no paso aéreo que se realizará no apoio núm. 103/23 existente da LMT POT-806, apoio que sustenta actualmente o CT Lourido (expediente 33.924) para retirar, condutor tipo RHZ1-12/20 kV 1×240 mm2 AL, e final no novo centro de transformación proxectado Lourido.

Centro de transformación prefabricado Lourido, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 9 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña