Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 8 de xullo de 2015 Páx. 28461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación de mantemento preventivo e correctivo de ascensores de titularidade municipal.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso,15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax; 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: Ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2015/044.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos de mantemento preventivo e correctivo dos ascensores de titularidade municipal.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: ver artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación.

Base

IVE

Lote 1-Ascensor CEIP Oroso

8.666,67 €

1.820,00 €

Lote 2-Ascensor CEIP Sigüeiro

8.000,00 €

1.680,00 €

Lote 3-Ascensor edificio multiúsos

8.000,00 €

1.680,00 €

Lote 4-Ascensor centro deportivo

8.000,00 €

1.680,00 €

5. Garantías exixidas. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 79.298,33 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase a cláusula 3 e 4 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 1 de xullo de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde