Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2015, do Servizo de Infraestruturas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto modificado número 1 da obra VAC da Costa Norte, treito Celeiro-San Cibrao, termos municipais de Viveiro e Xove (clave LU/00/063.01.4.M1).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ao Programa 413-B, construción, conservación e explotación de estradas.

A aprobación do expediente de información pública, o estudo informativo e o estudo de impacto ambiental publicouse no DOG nº 240, do 13 de decembro de 2004. O proxecto construtivo aprobouno a Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes o 12 de decembro do 2008.

Con data do 22 de maio de 2008, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra mediante o Decreto 123/2008, publicado no DOG nº 117, do 18 de xuño de 2008.

Con data do 19 de setembro de 2014, procédese á aprobación do proxecto modificado número 1 da obra: VAC da Costa Norte, treito Celeiro-San Cibrao (clave LU/00/063.01.4.M1), termos municipais de Viveiro e Xove, segundo resolución da Axencia Galega de Infraestruturas.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo provincial, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, data e hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Viveiro:

Día: 30 de xullo de 2015.

Lugar: Concello de Viveiro, praza Maior, s/n.

Horario: das 9.30 ás 10.00 horas.

González Vidal, José

Concello de Xove:

Día: 30 de xullo de 2015.

Lugar: Concello de Xove, Camiño Real, s/n.

Horario: das 10.30 ás 13.30 horas.

De: Álvarez González, Encarnación a Vázquez González, Ana María.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Viveiro e Xove respectivamente, e no Servizo Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas (Edificio Administrativo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo de Provincial de Lugo da Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 25 xuño de 2015

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo de Infraestruras de Lugo