Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2015/120-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: avenida de Madrid, 108, 36214 Vigo.

Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA para supermercado.

Situación: avenida Fraga Iribarne, 7, Betanzos.

Características técnicas: LMTS con inicio na liña existente BEG711 entre o CS 15CDHP e o CT 15CQA1, condutor RHZ1 12/20 kV 3 × (1×240 mm2) Al, lonxitude 238+238, e remate no CS proxectado. CS en edificio prefabricado compartido co CT celas prefabricadas de entrada, saída e derivación con interrutores-secionadores (24 kV, 400 A, 16 kV). CT anexo ao CS con celas prefabricadas de secionamento, protección e medida (24 kV, 400 A, 16 kV) e transformador de 630 kVA en silicona e relación 20 kV/400 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 15 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña