Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 17 de xullo de 2015 Páx. 30015

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2015 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 de encomendas de xestión de obras hidráulicas.

missing image file

O director da entidade Augas de Galicia procede a dar publicidade, ao abeiro do establecido na Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos do previsto na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos e, en termos xerais, do cumprimento do disposto na demais normativa que resulte de aplicación na materia, das encomendas de execución que a continuación se relacionan:

1. Entidade encomendante.

Organismo: Augas de Galicia.

Actuación: obras.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión á Empresa de Transformación Agraria, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2. Encomendas de xestión.

a) Título e obxecto: obra de estabilización de noiros no río Sar. Padrón (A Coruña).

Clave do expediente: OH.415.1093.

Descrición do obxecto: a obra consiste na reposición na marxe dereita do río Sar dunha vía de acceso á ponte de Extramundi no concello de Padrón, así como a execución do necesario para deter os procesos erosivos, recuperar as ribeiras naturais e volver poñer en servizo a rede de fecais que verte en lámina libre ao río.

Importe do orzamento: 286.413,66 euros.

Cofinanciamento da Unión Europea: esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos, actuación 3.53.2: conservación e mellora das marxes dos ríos. Unha maneira de facer Europa.

Data de formalización: 22 de maio de 2015.

Prazo de execución: tres meses.

b) Título e obxecto: obra de acondicionamento das canles de derivación do río Valga. Valga (Pontevedra).

Clave do expediente: OH.436.1092.

Descrición do obxecto: a obra comprende o acondicionamento das canles de derivación do río Valga, provincia de Pontevedra, para satisfacer as necesidades hidráulicas correspondentes.

Importe do orzamento: 241.386,08 euros.

Cofinanciamento da Unión Europea: esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos, actuación 3.53.4: accións enfocadas a diminuír os riscos derivados de episodios extremos como son as inundacións e secas. Unha maneira de facer Europa.

Data de formalización: 3 de xullo de 2015.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia