Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 2 de xullo de 2015 pola que se declara deserta a adxudicación polo procedemento de alleamento, mediante poxa pública, dun inmoble situado no concello de Ribadeo.

Mediante orde desta Consellería de Facenda do 30 de abril de 2015 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, dun inmoble situado na avenida de Rosalía de Castro de Ribadeo.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2015, número 93, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o Anuncio do 6 de maio de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento do citado inmoble, tivo lugar o 25 de xuño de 2015 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación do lote único que a seguir se describe:

Predio urbano. Número once. Vivenda tipo D, sita á fronte e dereita segundo se mira ao edificio desde a súa fachada principal, en parte da segunda planta alta de vivendas, do edificio sinalado co número 22 da avenida Rosalía de Castro, da vila de Ribadeo. Destinada a vivenda e distribuída en diferentes cuartos e servizos; ocupa a superficie útil aproximada de 51,90 m2, e mirando desde a rúa da fronte, linda: pola fronte, coa avenida de Rosalía de Castro; dereita, de Julio Pérez López e Anselmo López Rodríguez; costas, escaleiras e patio de luces do edificio; e esquerda, con vivenda tipo A de igual planta e casa e corredor distribuidor. Cunha cota de participación de dous enteiros e sesenta centésimas por cento. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo no predio 24.688, folio 71, libro 321, tomo 720, inscrición terceira. Referencia catastral 8428001PJ5282N0011GB.

Predio urbano. Dúas cincuenta e seis avas partes indivisas do predio número dous da propiedade horizontal, soto un, o máis alto, do edificio sinalado co número 22 da avenida Rosalía de Castro de Ribadeo. Está destinado a espazos para garaxe aparcadorio e sublocais. Ten unha superficie construída aproximada de 495 m2 e, mirando desde a avenida da fronte, linda: fronte, subsolo da avenida de Rosalía de Castro; dereita, de Julio Pérez López e Anselmo López Rodríguez; costas, de Julio Ríos García; e esquerda, con casa número 24 de igual vía pública. Esta participación indivisa confire ao seu titular o desfrute vinculado e exclusivo da praza de garaxe nº 10, que se demarca con 2,55 metros de largo e 4,95 metros de longo, aproximadamente, coa superficie aproximada de 12,62 m2. Lindeiros: fronte, zona de acceso e manobra; fondo, praza de garaxe nº 7; esquerda, praza de garaxe nº 11; dereita, casa nº 24 de igual vía pública. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo no predio 24679-7, folio 53, libro 328, tomo 732, inscrición segunda. Referencia catastral 8428001PJ5282N0002OF.

Tipo de licitación primeira poxa: 71.856,78 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 61.078,26 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 50.299,75 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda