Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2015/175-1).

Número de expediente: IN407A 2015/175-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT MUO-806, derivada a CT Rebordelo.

Concello: Muros.

Características técnicas:

Elevación entre os apoios nº 153/1 e nº 153/3 da liña eléctrica de media tensión aérea MUO-806, A 20 kV, proxéctase a substitución do apoio nº 153/2 existente por un novo apoio de chapa metálico de tipo CH-17,5/1.000, e substitúese un dos vans adxacentes ao apoio proxectado en condutor LA-30, en lugar do condutor existente do mesmo tipo, nunha lonxitude de 71 metros entre o apoio nº 153/1 existente e 153/2 proxectado da LMT MUO-806 no tramo entre a derivada aos CT Rebordelo (expte. 51.371) e Castelo (expte. 51.064).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña