Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2015/177-1).

Número de expediente: IN407A 2015/177-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT MUO-806, lugar de Cornes.

Concello: Muros.

Características técnicas:

Elevación entre os apoios nº 9 e nº 11 da liña eléctrica de media tensión aérea MUO-806, a 20 kV, no tramo entre o CT Cornes e o CT Vistavós (expediente 34.837), proxéctase a substitución do apoio nº 38/21/10 existente por un novo apoio de chapa metálico de tipo CH-15/1000, reténsanse os condutores nus existentes de tipo LA-30 sobre o apoio proxectado. A lonxitude dos vans que se van retensar é de 97 e 116 metros, respectivamente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña