Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 5 de agosto de 2015 Páx. 32219

I. Disposicións xerais

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de xullo de 2015 pola que se complementa a Orde do 3 de xuño de 2011 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación.

Meidante a Orde do 3 de xullo de 2015 ampliouse a Orde do 3 de xuño de 2011, especialmente para habilitar de oficio nas novas materias da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato LOMCE ás persoas que xa estivesen habilitadas en determinadas materias, segundo a correspondencia que se relacionou no anexo da orde.

Pola Orde do 15 de xullo de 2015 estableceuse a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Procede pois, regular a habilitación de oficio destas novas materias de libre configuración autonómica.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro. Engádese unha nova disposición adicional oitava coa seguinte redacción:

Habilitación de oficio nas materias de libre configuración autonómica.

1. As persoas habilitadas para impartir docencia nos centros privados nas materias LOE serán habilitadas, de oficio, nas novas materias de libre configuración autónoma da educación secundaria obrigatoria ou bacharelato LOMCE, segundo as correspondencias que se relacionan no anexo III da presente orde.

2. Cando a habilitación que se posúa sexa para centro e materia, ou para unha etapa educativa, a nova habilitación manterá as mesmas condicións.

Segundo. Engádese unha nova disposición adicional novena coa seguinte redacción:

Habilitación para a Bioloxía e Xeoloxía do primeiro curso da educación secundaria obrigatoria e a Física e Química de segundo curso da educación secundaria obrigatoria.

As persoas que estean habilitadas para impartir docencia nos centros privados en Ciencias da Natureza da educación secundaria obrigatoria e estea impartindo esta materia, poderán solicitar a habilitación para Bioloxía e Xeoloxía do primeiro curso de educación secundaria obrigatoria, ou para Física e Química do segundo curso da educación secundaria obrigatoria, ou para ambas as dúas materias.

Coa solicitude deberá achegarse certificación da dirección do centro visada pola inspección educativa en que conste que se impartiu a materia de ciencias da natureza durante o curso académico 2014/15.

A habilitación concederase exclusivamente para o centro en que se está a impartir a materia.

Terceiro. Engádese unha nova disposición adicional décima coa seguinte redacción:

Habilitación en módulos profesionais de formación profesional específica dos títulos LOE.

As persoas que estean habilitadas para impartir docencia en módulos profesionais de formación profesional específica relativos a títulos LOXSE serán habilitados de oficio nos módulos profesionais dos títulos LOE que proceda en función da correspondencia que exista entre os resultados de aprendizaxe dos diferentes módulos.

Disposición derradeira primeira. Autorización de desenvolvemento

Autorízase o director xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar as disposicións que sexan necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO III

Habilitacións LOE

Nivel

Habilitacións LOMCE

Nivel

Economía

BTO

Educación Financeira

ESO

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

BTO

Investigación e Tratamento da Información

ESO

Lingua Galega e Literatura

ESO/BTO

Oratoria

ESO

Lingua Castelá e Literatura

ESO/BTO

Xeografía e Historia de Galicia

BTO

Paisaxe e Sustentabilidade

ESO

Xeografía

BTO

Ciencias da Terra e Ambientais

BTO

Bioloxía

BTO

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

BTO

Programación

ESO

Tecnoloxía

ESO

Educación Física

ESO/BTO

Promoción de Estilos de Vida Saudables

ESO

Bioloxía

BTO

Tecnoloxía

ESO

Robótica

BTO

Tecnoloxías da Información e da Comunicación

BTO

Historia da Arte

BTO

Patrimonio Artístico e Cultural de Galicia

BTO

Xeografía e Historia de Galicia

BTO