Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 6 de agosto de 2015 Páx. 32521

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de procedemento aberto para a adxudicación, con pluralidade de criterios de valoración e tramitación ordinaria, do contrato de xestión do servizo público de axuda no fogar.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de axuda no fogar do Concello.

b) Nomenclatura CPA-2008: 85310000-5.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: 1 ano, a partir do día seguinte ao da formalización do contrato, que pode prorrogarse por períodos anuais, ata un máximo doutros dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento máximo de licitación: 283.296 euros (IVE incluído ao 4 %).

b) Revisión de prezos: de conformidade co establecido no artigo 89 do TRLCSP, neste contrato non procede revisión de prezos.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE; é dicir, 13.620 euros (5 % de 272.400 euros).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante www.concellodearzua.com

b) Domicilio: rúa Santiago nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00 - 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Acreditación de solvencia económica e financeira, solvencia técnica e profesional: polos medios sinalados na cláusula 11.3.1 do prego.

8. Criterios de valoración os seguintes detallados na cláusula 12ª do prego:

1. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Proxecto técnico de desenvolvemento do servizo……………............... ata 45 puntos.

b) Melloras……………………………………………………………………… ata 15 puntos.

2. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

c) Oferta económica…………………………………………………………... ata 25 puntos.

d) Servizos complementarios ao servizo de axuda no fogar…................. ata 10 puntos.

e) Servizo de transporte adaptado…………………………………….......... ata 5 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que deben presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. Mentres que as datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) se anunciarán previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante, nos termos sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios derivados desta contratación: serán por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 30 de xullo de 2015

José Luis García López
Alcalde