Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Guitiriz (expediente IN407A 2015/26-2, 8220 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Fábrica de Fariñas a Callobresa, S.L.

Domicilio social: avenida de Madrid, 19-21, Lugo.

Denominación: liña de media tensión soterrada para alimentación a un centro de transformación de 250 kVA, en caseta prefabricada para fábrica de fariñas e o seu anexo.

Situación: concello de Guitiriz.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 15 kV en canalización existente e proxectada, con orixe nunha cela de liña existente do centro de transformación existente Frioriz (27CR07) e final no CS proxectado, cunha lonxitude de 100 metros en condutor RHZ1-240 mm.

2. Centro de seccionamento proxectado nun edificio prefabricado tipo PFU 5, no cal se instalan tres celas de liña.

3. Centro de transformación nun edificio prefabricado tipo PFU 5, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha potencia inicial de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Esta xefatura territorial resolve, de acordo coas competencias atribuídas no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro, e no Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 17 de xullo de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo