Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32922

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 4 de agosto de 2015 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente ao exercicio 2015, convocadas pola Orde do 30 de decembro de 2014.

A Orde do 30 de decembro de 2014 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2015), establece na súa disposición adicional cuarta que se poderán ditar resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado ou doutros remanentes dos módulos.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 30 de decembro de 2014, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2014, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

11.03.323A.471.0

200901008

186.120,96

11.03.323A.471.0

201300545

129.352,50

Total

315.473,46

Segundo. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar