Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 12 de agosto de 2015 Páx. 33197

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 31 de marzo de 2015, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Miño, coa finalidade de dar unha nova redacción aos artigos: 63 (superficie de teito edificable), 69.5 (sotos), 77.3 (peches de parcela), 98.4 (condicións de carácter xeral) e 147.2.C (categorías de uso agrícola), e someter o expediente a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio no DOG e dous diarios dos de maior difusión na provincia.

Miño, 23 de xuño de 2015

Ricardo A. M. Sánchez Oroza
Alcalde