Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33377

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO do 7 de agosto de 2015 polo que se convoca licitación pública para a construción dunha planta de clasificación de materiais contidos nos residuos urbanos e o servizo de operación, mantemento e limpeza, a obra de modificación da actual planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible para a clasificación de materiais e o seu servizo de operación e mantemento e limpeza (expediente NC0010/2015).

Data límite para a presentación das ofertas: 9 de outubro de 2015, ás 13.00 horas.

Data de apertura sobre B: 26 de outubro de 2015, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de contratación pública de Galicia www.contratosdegalicia.es .

– www.sogama.es, epígrafe de perfil do contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Telf.: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Este anuncio enviouse ao DOUE o 7 de agosto de 2015.

Cerceda, 7 de agosto de 2015

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.