Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Axuda, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Axuda, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral do 18 de maio de 2015, no Rexistro Provincial de Cooperativas de Pontevedra. O seu novo domicilio social é na rúa Justo Martínez, 10, 5º H, concello da Estrada, provincia de Pontevedra.

Vigo, 15 de xullo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo