Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de delimitación do núcleo rural de Morgade.

Procedencia: Concello de Padrenda (Ourense).

Expediente: 183/2014.

Solicitude: delimitación do núcleo rural de Morgade.

Lexislación reguladora: disposición adicional 2ª da Lei 9/2002 coa redacción que a esta lle outorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 da Lei 9/2002, todas de Galicia.

O expediente arriba indicado atopase en fase de tramitación, e exponse a información pública por un período dun mes para os efectos de que poida ser examinado polos interesados para presentaren as alegacións que xulguen oportunas.

Este mesmo anuncio insírese –de conformidade co previsto legalmente– nos xornais La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, e comeza a contar o prazo antes sinalado a partir da última publicación deste edicto.

Rematado o trámite, someterase o expediente ao coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación a aprobación definitiva polo/a secretario/a xeral de Urbanismo.

Padrenda, 28 de xullo de 2015

Manuel Pérez Pereira
Alcalde