Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 18 de agosto de 2015 Páx. 33885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Pontedeume (expediente IN407A 2015/183-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/183-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT PED-705 Praia de Ver.

Concello: Pontedeume.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea PED-705 Praia de Ver, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,184 km, con orixe no apoio nº 88/10 proxectado para intercalar na LMT PED-705, no tramo entre a derivada ao CT San Bollo (expediente 27938) e a derivada ao CT Praia de Ver (expediente 17716), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio nº 88/12 proxectado para intercalar na LMT PED-705, no tramo entre a derivada ao CT Praia de Ver (expediente 17716) e a derivada ao CT Boebre O Sisto (expediente 133/04).

Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,333 km, con orixe no paso aéreo a subterráneo que se realizará no apoio nº 80/11 proxectado para intercalar na LMT PED-705, no tramo entre a derivada a CT Praia de Ver (expediente 17716) e a derivada ao CT Boebre O Sisto (expediente 133/04), condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al,e final no paso de subterráneo a aéreo que se realizará na fachada da caseta do CT Praia de Ver (expediente 17716).

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación figura no anexo que acompaña esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puido realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre eles, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de xullo de 2015

Por ausencia (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013;
DOG núm. 140, do 24 de xullo)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial

Anexo

Expediente: IN407A 2015/183-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT PED-705 Praia de Ver.

Concello: Pontedeume.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

predio

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

Núm.

m2

ml aéreo

ml sub.

M2 aéreo

M2

sub.

1

Praia de Ver

Cámping

Javier Delfín Infante Casa

80/10

80/11

(pas)

80/12

13.00

44.0

440.0

2

Praia de Ver

Cámping

José Carlos Infante Vázquez

100.0