Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 19 de agosto de 2015 Páx. 34102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/189-1).

Número de expediente: IN407A 2015/189-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CRN-704, r/ Carmen del Casillo.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

Elevación entre os apoios nº 45 e 47 da liña eléctrica de media tensión aérea GRN-704, a 20 kV, no tramo entre a derivada ao CT Uxes Pobo (expediente 27.064) e a derivada ao CT Uxes Estación (expediente 27.385), proxéctase a substitución do apoio nº 46 existente por un novo apoio de chapa metálico de tipo CH-17,5/1.000, retensándose os condutores nus existentes de tipo LA-30 sobre o apoio proxectado, sendo a lonxitude dos vans adxacentes que se van retensar de 100 e 132 metros respectivamente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro do 2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 24 de xullo de 2015

P.A. (Artigo 30.3 Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Mª Mar Ferreiro Broz
Xefa do Servizo de Administración Industrial