Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34319

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de acordo co que establecen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, dispón que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con iso, recoñécelle á cidadanía o dereito de coñecelo e de usalo. Pero non estaría garantido ese dereito se os cidadáns non tivesen a posibilidade aumentar (ou iniciar, se é o caso) o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.

O Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 22 de setembro de 2004, contén, entre outras, varias medidas dirixidas aos adultos e á sociedade, encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, adecuándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre ambos os dous idiomas, o que exixe medidas favorables ao galego para alcanzar ese equilibrio.

O Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atribúelle a esta as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia. Dentro da estrutura da consellería, consonte o disposto no devandito decreto, é a Secretaría Xeral de Política Lingüística o órgano encargado de executar aquelas accións necesarias para desenvolver as competencias sobre política lingüística atribuídas á consellería, e máis concretamente atribúeselle a función da coordinación e xestión das actividades de formación e promoción da lingua galega, así como a autorización e a homologación de cursos, seminarios, encontros e congresos de formación de lingua galega e/ou de linguaxes específicas e a xestión das certificacións de aptitude ao alumnado, cando proceda.

De acordo co anterior, convócanse cursos de formación de lingua galega, con carácter gratuíto, para lles facilitar ás persoas interesadas o coñecemento e o dominio da lingua galega.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto anunciar a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4.

Os cursos impartiranse nas datas, nos lugares e nos horarios recollidos no anexo II.

Segundo. Destinatarios/as dos cursos

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria.

Terceiro. Solicitudes e prazo

Para conseguir o rendemento adecuado e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade de coñecementos do alumnado, polo que, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo.

As solicitudes, segundo o modelo do anexo I, dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es e na páxina web

http://www.xunta.es/linguagalega, que permite cubrir e editar a solicitude.

Só se poderá presentar unha única instancia e solicitar un único curso por persoa. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para o cal se utilizará o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo para a presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Cuarto. Documentación

Á solicitude xuntaráselle unha copia cotexada do DNI. Non será necesario presentar o dito documento sempre que o titular autorice a Secretaría Xeral de Política Lingüística para que verifique os seus datos de identidade, de acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente a través de calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal, baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou do seu representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia ca os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou do seu representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, os protocolos e o tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberán indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Quinto. Resolución

Unha vez que remate o prazo de presentación de instancias, os gabinetes provinciais de normalización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística revisarán a documentación recibida. No caso de que as solicitudes estean incompletas, requiriranse as persoas solicitantes para que, nun prazo dez días hábiles, emenden a falta, coa indicación de que, de non o faceren, se considerará que desisten da súa petición e o seu expediente arquivarase na forma e nos termos indicados no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado este trámite, o secretario xeral de Política Lingüística ditará unha resolución provisional que incluirá a listaxe das persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en espera, de ser o caso, para cada curso e localidade. Esta resolución provisional publicarase na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: http://www.xunta.es/linguagalega.

Contra esta resolución provisional poderanse presentar as alegacións que procedan, no prazo dez días hábiles, desde o seguinte ao da súa publicación. En todo caso, as persoas que presenten alegacións enviarán un correo electrónico ao seguinte enderezo

sxpl.formacion@xunta.es, no cal deben indicar a data en que se presentou a alegación e o motivo desta.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado, o secretario xeral de Política Lingüística ditará unha resolución definitiva que incluirá unha listaxe coas persoas admitidas e excluídas, xunto coa causa da súa exclusión, e unha listaxe coas persoas en espera, de ser o caso, para cada curso e localidade.

As reclamacións entenderanse contestadas mediante a publicación da resolución definitiva na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística: www.xunta.es/linguagalega.

Contra a resolución definitiva pola que se asignan as prazas, as persoas interesadas poderán interpor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, un recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 28 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro). Contra a resolución do recurso de alzada cabe recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sexto. Asignación das prazas

Se un curso ten un número de solicitantes maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada. No caso de que entren varias solicitudes ao mesmo tempo, utilizarase o criterio da orde alfabética (do A ao Z).

Sétimo. Características dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga): contido, duración e desenvolvemento

1. Contido.

Os cursos axustaranse aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecidos para cada un dos niveis sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo (corrección de erros número 178, do 13 de setembro).

Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial, nos termos previstos no artigo 10 da citada lei.

A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga), cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

2. Duración.

Cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día. No caso dos cursos intensivos ou en casos excepcionais debidamente xustificados, a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar a realización de sesións con horario diferente.

3. Desenvolvemento.

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30. Se quedasen prazas vacantes, poderán admitirse candidatos ata tres días antes do inicio do curso.

Así mesmo, no caso de que un curso non acade o número mínimo de solicitantes, a Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar expresamente a súa realización, con motivación previa.

O profesorado levará un control da asistencia do alumnado durante todo o curso. Se durante os dous primeiros días do curso se desen de baixa ou non asistisen as persoas inscritas nel, deberán ofrecérselles as prazas, por orde, ás persoas solicitantes que figuren na lista de espera ata completar, se é posible, o número máximo das prazas ofertadas. Para estes efectos, ao terceiro día do curso, o profesorado deberalle remitir ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística a listaxe definitiva de asistentes por correo electrónico.

Oitavo. Consentimentos e autorizacións

A tramitación do procedemento require a incorporación de datos que consten en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para que realice as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor a realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

Noveno. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, cuxo obxecto é xestionar este procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico dirixido a: sx@edu.xunta.es

Décimo. Recursos contra a resolución de convocatoria dos cursos

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, todas as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Décimo primeiro. Prazo de resolución do procedemento e sentido do silencio

De non ditarse resolución expresa sobre as solicitudes presentadas no prazo de tres meses, que se contará desde a data de peche do prazo de presentación de solicitudes previsto na convocatoria, as solicitudes entenderanse desestimadas.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

P.S. (Resolución 10.8.2015)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file

ANEXO II
Programación de cursos preparatorios para as probas Celga 2015

Provincia da Coruña

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Carballo

Código: CL4201515019001

Lugar: IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muíño da Pintura, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Cee

Código: CL4201515023002

Lugar: IES Fernando Blanco

Avenida Fernando Blanco, 99

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Coruña, A

Código: CL3201515030003

Lugar: IES Eusebio da Guarda

Praza de Pontevedra, 20

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015 Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Código: CL4201515030004

Lugar: IES Fernando Wirtz Suárez

Rúa Cabaleiros, 1

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Muros

Código: CL2201515053005

Lugar: IES Plurilingüe Fontexería Rúa Agra do Baño, 21

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Ordes

Código: CL4201515059006

Lugar: IES nº 1

Rúa Mestre Nicolás del Río, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Ortigueira

Código: CL3201515061007

Lugar: IES de Ortigueira

Rúa Constitución, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015 Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Padrón

Código: CL3201515065008

Lugar: IES Camilo José Cela

Rúa Carme, 43

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015 Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Ponteceso

Código: CL3201515068009

Lugar: IES de Ponteceso

Rúa Teresa Mosquera Manso, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015 Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Pontes de García Rodríguez, As

Código: CL4201515070010

Lugar: IES Castro da Uz

Rúa José María Penabad López, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Provincia de Lugo

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Lugo

Código: CL2201527028001

Lugar: IES Lucus Augusti

Avenida Rodríguez Mourelo, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Ribadeo

Código: CL3201527051001

Lugar: IES de Ribadeo

Rúa Xardín, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 21.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a xoves

Monforte de Lemos

Código: CL4201527031001

Lugar: IES Río Cabe

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario de luns a xoves: 20.00 a 22.00

Venres: 18.30 a 20.30

Vilalba

Código: CL4201527065001

Lugar: IES Lois Peña Novo

Rúa Quart de Poblet, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 21.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a xoves

Viveiro

Código: CL3201527066001

Lugar: IES Mª Sarmiento

Rúa Misericordia, 58

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario de luns a xoves: 20.00 a 22.00

Venres: 18.30 a 20.30

Sarria

Código: CL3201527057001

Lugar: IES Gregorio Fdez.

Rúa Castelao, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario de luns a xoves: 20.00 a 22.00

Venres: 18.30 a 20.30

Provincia de Ourense

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Barco de Valdeorras, O

Código: CL2201532300001

Lugar: IES Lauro Olmo

Rúa Calabagueiros, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario de luns a xoves: 19.30 a 21.30

Venres: 17.30 a 19.30

Carballliño, O

Código: CL4201532500001

Lugar: IES Manuel Chamoso Lamas

Rúa Ant. Estrada Pontevedra. Mesego. O Carballiño

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario de luns a xoves: 19.30 a 21.30

Venres: 19.00 a 21.00

Celanova

Código:CL3201532800001

Lugar: IES Celso Emilio Ferreiro

Rúa Fernández Losada, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 19.30 a 21.30

Días: de luns a venres

Verín

Código:CL3201532600001

Lugar: IES García Barbón

Rúa Antonio Fernández Pérez, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 19.30 a 21.30

Días: de luns a venres

Xinzo de Limia

Código: CL2201532630001

Lugar: IES Cidade Antioquía

Avenida de Ourense, 186

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 19.15 a 21.15

Días: de luns a venres

Provincia de Pontevedra

Localidade

Celga 2

Celga 3

Celga 4

Bueu

Código:CL2201536930001

Lugar: IES Johan Carballeira

Rúa Staffan Mörling, 4

Datas: 19.10.2015 ao 10.12.2015

Horario: 18.00 a 20.00

Días: de luns a venres

Cambados

Código:CL4201536630002

Lugar: IES Francisco Asorey

Rúa Os Caeiros, 25

Datas:19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 18.30 a 20.30

Días: de luns a venres

Estrada, A

Código: CL4201536680003

Lugar: IES Antón Losada Diéguez

Rúa da Cultura, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Lalín

Código: L3201536500004

Lugar: IES Laxeiro

Avenida Bos Aires, 71

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Ponteareas

Código: CL3201536860005

Lugar: IES Val do Tea

Rúa Feliciano Barrera, 15

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Porriño, O

Código: CL4201536410006

Lugar: IES Ribeira do Louro

Rúa Ribeira s/n, Torneiros

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Vigo

Código: CL3201536216007

Lugar: IES de Teis

Avenida de Galicia, 101

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Tui

Código: CL220153670008

Lugar: IES Indalecio Pérez Tizón

Avenida da Concordia, s/n

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 19.45 a 21.45

Días: de luns a venres

Vilagarcía

Código: CL2201536611009

Lugar: IES Armando Cotarelo Valledor

Rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6

Datas: 19.10.2015 ao 9.12.2015

Horario: 20.00 a 22.00

Días: de luns a venres

Nota: as datas e os horarios poden sufrir algunha variación debido á dispoñibilidade de locais.